A Banda de Poi
A Banda de Poi | |
---|---|
Orixe | ![]() ![]() |
Período | 2005 − 2007 2013 |
Xénero(s) | rock |
Membros | Tonhito de Poi Pulpiño Viascón Quique Otero Pablo Pérez |
Antigos membros | Joao R. Machado Joao Pedro Sarembé Filipe Iglesias Cláudio Figueiredo |
Na rede | |
![]() ![]() |
A Banda de Poi foi un grupo galaico-portugués de rock, formado por Tonhito de Poi en 2005 e disolto en 2007. En 2013 volveu para unha serie de concertos con novos membros no grupo, e tras varios anos de silencio volveu a actuar novamente en 2017. Durante a súa carreira a banda publicou unicamente un álbum de estudio, Mór (2005).
Historia
[editar | editar a fonte]A banda foi creada tras abandonar Tonhito de Poi os Heredeiros da Crus en 2012.[1] En 2005 publicaron un disco, Mór. Conforme os seus principios ideolóxicos, usaban a normativa do galego reintegracionista. En 2007, tras numerosos problemas, tanto económicos como entre os membros do grupo, a banda disolveuse.[2] En 2013 a banda, na que só se mantiña Tonhito de Poi, regresou para unha serie de concertos. Contou esta vez con Pulpiño Viascón, Quique Otero (director de Crebinsky) e Pablo Pérez.[3] En 2016 o grupo comezou a ensaiar novamente en Matosinhos,[4] e a partir de maio de 2017 a banda realizou unha serie de concertos cos membros da formación orixinal Joao Machado, Joao Sarembé e Cláudio Figueiredo.[5]
Membros
[editar | editar a fonte]Primeira formación
[editar | editar a fonte]- Tonhito de Poi: guitarra
- Joao R. Machado "Pony": baixo, guitarra
- Joao Pedro Sarembé "Topo": voz, teclados
- Filipe Iglesias: órgano
- Cláudio Figueiredo: batería
Segunda formación
[editar | editar a fonte]- Tonhito de Poi
- Pulpiño Viascón
- Quique Otero
- Pablo Pérez
Terceira formación
[editar | editar a fonte]- Tonito de Poi
- Joao R. Machado
- Joao Pedro Sarembé
- Cláudio Figueiredo
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tonhito de Poi deja Heredeiros da Crus para crear su grupo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi faise de 'rasa loba'". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'". Sermos Galiza. 14 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "A Banda de Poi - Primeiros ensaios da Banda de Poi en Matosinhos". www.facebook.com. Consultado o 2023-11-05.
- ↑ "O 12 de maio. Voltamos Pony, Topo, Claudio e Tonhito de Poi ... e para quedar!!". www.facebook.com. Consultado o 2023-11-05.