Saltar ao contido

To All Trains

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

To All Trains
Álbum de Shellac
Publicado17 de maio de 2024
Gravación5-6 de novembro de 2017
18-21 de outubro de 2019
1-6 de setembro de 2021
2-3 de marzo de 2022
Estudio(s)Electrical Audio, Chicago, Illinois
Duración28:13
Xénero(s)math rock
Selo(s)Touch and Go
Producido porSteve Albini
Cronoloxía
The End of Radio
(2019)
To All Trains -

To All Trains é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado o 17 de maio de 2024 a través do selo Touch and Go.[1] Trátase do primeiro traballo de estudio do grupo nunha década e da súa derradeira gravación antes da morte de Steve Albini días antes do lanzamenro do disco. A gravación realizouse ao longo de varios anos e non foi promocionada con avances, sinxelos ou xiras.[2] A publicación coincidiu coa dispoñibilidade da música de Shellac en servizos de streaming musicais por primeira vez en anos.[3]

Recepción[editar | editar a fonte]

To All Trains recibiu críticas moi positivas. Segundo o agregador de recensións Metacritic, To All Trains recibiu unha "acamación universal" baseada nunha puntuación media ponderada de 85 sobre 100 de 7 recensións de críticos.[4] Escribindo para AllMusic, o crítico Mark Deming dixo que "é practicamente imposible escoitar a música sen escoitala a través do filtro da dor, o cal é estraño, xa que é unha música que soa musculosa, vital, e moi viva" e a banda é "unha máquina de math rock esvelta e mesquiña... [con] concisión das cancións [que] fai que isto sexa unha experiencia de escoita sen alento e enérxica".[5] Lux Sparks-Pescovitz de BoingBoing recomendou este álbum a todo o mundo, incluídos aqueles non familiarizados cos anteriores traballos de Albini e comparou favorablemente este álbum co blues rock, The Raconteurs e o último álbum de estudio de David Bowie, Blackstar.[6]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Steve Albini, Todd Trainer e Bob Weston.. 

N.º Título Duración
1. "WSOD"   2:24
2. "Girl From Outside"   2:46
3. "Chick New Wave"   2:22
4. "Tattoos"   3:08
5. "Wednesday"   3:18
6. "Scrappers"   2:21
7. "Days Are Dogs"   1:42
8. "How I Wrote How I Wrote Elastic Man (Cock & Bull)"   4:09
9. "Scabby the Rat"   1:46
10. "I Don’t Fear Hell"   4:18

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strauss, Matthew (2024-03-20). "Shellac Announce First New Album in a Decade". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-05-31. 
  2. Currin, Grayson Haver (2024-05-09). "Steve Albini Did the Work". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-05-31. 
  3. "Steve Albini's bands Shellac and Big Black return to Spotify & other streaming services". Brooklyn Vegan. Consultado o 31 de maio de 2024. 
  4. "To All Trains by Shellac" (en inglés). Consultado o 2024-05-31. 
  5. "To All Trains - Shellac". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-05-31. 
  6. "Steve Albini's incendiary final album with Shellac is his Bowie "Blackstar"". Boing Boing. Consultado o 31 de maio de 2024.