Blackstar
★ | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Álbum de David Bowie | ||||
Publicado | 8 de xaneiro de 2016 | |||
Gravación | xaneiro - maio de 2015 | |||
Duración | 41:17 | |||
Xénero(s) | art rock, jazz, rock experimental | |||
Selo(s) | ISO, RCA, Columbia, Sony | |||
Producido por | David Bowie, Tony Visconti | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
★ (pronunciado e estilizado como Blackstar) é o derradeiro álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 8 de xaneiro de 2016, coincidindo co seu 69 aniversario, a través dos selos ISO, RCA, Columbia e Sony.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A meirande parte do disco gravouse en segredo entre os estudios The Magic Shop e Human Worldwide Studios en Nova York, co produtor Tony Visconti e un grupo de músicos de jazz locais.[1][2] O álbum contén moitos estilos musicais, como jazz e rock experimental entre outros. Dous días despois do seu lanzamento Bowie morreu dun cancro de fígado; a súa enfermidade non fora revelada ao público ata entón. O produtor Tony Visconti describiu o álbum como un regalo de despedida para os seus seguidores antes da súa morte.[3] Varios temas ao longo do disco revelan esta temática.
Tras a súa edición, o álbum foi aclamado pola crítica e foi un éxito comercial, acadando a cima das listas de varios países a raíz da morte de Bowie, e converténdose no seu único disco en chegar ao número 1 da lista estadounidense Billboard 200.[4] O disco estivo no número 1 das listas británicas durante tres semanas.[5] Blackstar recibiu dúas nomeacións para os premios Grammy de 2017, sendo unha delas para o mellor álbum de música alternativa.
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
Tódolos temas escritos e compostos por David Bowie, agás onde se indique.
Blackstar (CD - vinilo - descarga dixital) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Blackstar" | 9:57 | |||||||
2. | "'Tis a Pity She Was a Whore" | 4:52 | |||||||
3. | "Lazarus" | 6:22 | |||||||
4. | "Sue (Or in a Season of Crime)" (Bowie, Maria Schneider, Paul Bateman, Bob Bharma) | 4:40 | |||||||
5. | "Girl Loves Me" | 4:51 | |||||||
6. | "Dollar Days" | 4:44 | |||||||
7. | "I Can't Give Everything Away" | 5:47 | |||||||
41:13 |
Canción extra da descarga dixital | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
8. | "Blackstar" (Vídeo) | 9:59 | |||||||
51:12 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pitchfork (ed.). "David Bowie Confirms New Album Blackstar Coming in January". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ NME (ed.). "Details of David Bowie’s 25th album ‘Blackstar’ revealed". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ The Telegraph (ed.). "David Bowie's last release, Lazarus, was 'parting gift' for fans in carefully planned finale". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ The Guardian (ed.). "David Bowie finally tops US Billboard charts with Blackstar". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ Official Charts (ed.). "David Bowie sees off Sia to replace himself at Number 1". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.