Tite Curet Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Catalino Curet Alonso 26 de febreiro de 1926 Guayama, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de agosto de 2003 (77 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Santa María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións |
Xénero artístico | Salsa |
Selo discográfico | Fania Records |
Catalino "Tite" Curet Alonso, nado en Guayama o 26 de febreiro de 1926 e finado en Maryland o 5 de agosto de 2003, foi un recoñecido compositor portorriqueño de máis de 2.000 cancións de música salsa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Alonso era un profesor de castelán e músico na banda de Simon Madera. Tiña o rapaz dous anos en 1928 cando seus pais se divorciaron. Xunto coa nai, a irmá e mais a avoa trasladouse ao barrio hispano obreiro en Santurce, dentro dun sector pobre de Santurce que fai parte de San Xoán. Alí comezou a súa andaina musical. En 1941 cando tiña 15 anos, escribiu a súa primeira canción. Cando mozo, os seus amigos eran Rafael Cortijo, Ismael Rivera e Daniel Santos, entre outros.
Ingresou máis tarde na Universidade de Porto Rico, onde estudou xornalismo e socioloxía. Traballou para o Servizo Postal dos Estados Unidos durante máis de vinte anos namentres compuña cancións. En 1960 trasladouse a Nova York e traballou para o xornal "A Prensa" como xornalista dos deportes. Escribiu cancións sobre temas sociais e románticos que falaban dos negros pobres e das dificultades ás que se enfrontan. Tamén centrou moitas das súas cancións no que o chamou a beleza dos negros caribeños.