Violeta Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Violeta Parra
Parra01f.PNG
Nacemento4 de outubro de 1917
 Rexión de Biobío
Falecemento5 de febreiro de 1967
 Santiago de Chile
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeChile
Ocupacióncantautora, poetisa, pintora, escultora, embroiderer, ceramista e escritora
FillosIsabel Parra e Ángel Parra
IrmánsNicanor Parra Sandoval, Hilda Parra, Eduardo Parra, Roberto Parra Sandoval, Lautaro Parra e Óscar Parra
editar datos en Wikidata ]

Violeta del Carmen Parra Sandoval, nada en San Carlos de Itihue o 4 de outubro de 1917 e finada en Santiago de Chile o 5 de febreiro de 1967, foi unha cantante, pintora, escultora, bordadora e ceramista chilena, considerada unha das máis importantes representantes da música popular do seu país. Era membro da prolífica familia Parra; irmá, entre outros, do poeta Nicanor.

A contribución de Violeta Parra ao quefacer musical e artístico chileno considérase unanimemente de gran valor e transcendencia. O seu traballo serviu de inspiración a moitos artistas posteriores, que continuaron coa súa ardua tarefa de rescate da música do campo chileno e as manifestacións constituíntes do folclore do país e de Latinoamérica. As súas composicións propias foron eloxiadas polos críticos de todo o mundo, tanto pola súa complexa elaboración musical como polas súas letras poéticas, enxeñosas e socialmente comprometidas. As súas cancións foron versionadas por gran cantidade de artistas en Latinoamérica e o resto do mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]