Thomas Struth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Struth

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Geldern, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Düsseldorf
Quioto Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo , fotoxornalista , artista visual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteMarian Goodman Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: f6d13e44-645a-4f35-922f-ee3b7e385518 Discogs: 1202544 Editar o valor em Wikidata

Thomas Struth (nado en Geldern, Alemaña, 1954) é un fotógrafo alemán, cun extenso traballo que inclúe imaxes de paisaxes urbanas, selvas asiáticas e retratos familiares, así como instantáneas no interior de igrexas e algúns dos museos máis famosos do planeta que lle deron fama mundial.

Paisaxes Urbanas[editar | editar a fonte]

Nacido en Geldern, Alemaña, Struth estudou na Academia de Arte de Düsseldorf, de 1973 a 1980. Alí comezou a estudar pintura, antes de terminar no estudo fotográfico de Bernd e Hilla Becher. Pouco a pouco abandonou as estritas técnicas documentais da parella, que o levaron a situar a cámara no centro exacto da rúa,[1] para retratar con máis liberdade. En 1978 obtivo unha bolsa para traballar na PS1 de Nova York, un viveiro de artistas actualmente vinculado ao MoMA. Os traballos presentados entón eran fotografías en branco e negro das rúas da cidade, que nos anos seguintes se enriquecerían con instantáneas de París, Roma, Edimburgo ou Tokio, entre outras. Son imaxes sen acción e sen persoas que tratan de describir a relación entre o ser humano e o ambiente actual que el mesmo creou.

Retratos de familias[editar | editar a fonte]

En 1982 a súa obra faise máis complexa, pasa á fotografía en cor e comeza a retratar familias, na serie que se coñecerá como 'Vida familiar'. Este proxecto naceu en colaboración co psicanalista Ingo Hartmann, [2] que lle mostra as fotografías familiares que os pacientes levan á terapia. Xuntos tratan de analizar os trazos comúns das distintas imaxes, e isto levará a Struth a dedicarse aos retratos familiares para demostrar que a fotografía pode ser unha "ferramenta científica para a exploración psicolóxica". A intención destas imaxes é detectar os papeis e as relacións íntimas entre os membros dunha familia en función da disposición, distancias e actitudes dos seus membros cando son retratados, e mostrar como estas dinámicas sociais son as mesmas nas familias de todo o mundo.

Fotografías de museos[editar | editar a fonte]

En 2003 expuxo no Museo Metropolitano de Arte de Nova York [3] posiblemente a súa serie máis famosa, 'Museum Photographs', que retrata persoas no interior de igrexas, catedrais ou museos, a miúdo mirando obras icónicas da historia da arte occidental. A intención destas imaxes podería ser retratar o "ritual social complexo" que se realiza no interior dos museos.

Struth segue traballando desde Düsseldorf, a capital artística de Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thomas Sennett, pàgina 92
  2. Thomas Struth (12 de juliol de 1994). Thomas Struth, strangers and friends: photographs 1986-1992 (en inglés). MIT Press. p. 92. ISBN 9780262193573. 
  3. Metropolitan Museum of Art. Thomas Struth (02/2003) (en inglés)