Bernd e Hilla Becher
Biografía | |
---|---|
Grupo | parella casada dupla (pt) |
Bernd Becher (pt) (Siegen, 20 de agosto de 1931 - Rostock, 22 de xuño de 2007). Fotógrafo Hilla Becher (pt) (Potsdam, 2 de setembro de 1934 - Düsseldorf, 10 de outubro de 2015). Fotógrafo | |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Alumnos | Thomas Ruff |
Representante | Konrad Fischer Galerie (en) |
Participou en | |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb |
Bernd e Hilla Becher foron dous fotógrafos alemáns coñecidos polas súas series de imaxes de edificios industriais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bernhard Becher (20 de agosto de 1931 – 22 de xuño de 2007) e Hilla Wobeser (2 de setembro de 1934 – 10 de outubro de 2015) coñecéronse como estudantes de pintura na Universidade de Düsseldorf e casaron en 1961. A súa primeira colaboración en fotografía foi en 1959 documentando a desaparecida arquitectura industrial. A súa primeira exposición foi en 1963 na Galería Ruth Nohl (Siegen). O seu traballo mostraba a fascinación pola similitude coa que foran creados certos edificios. As fotografías foron realizadas desde diferentes puntos de vista cunha cámara de gran formato, pero sempre nun plano perpendicular ao obxecto. As imaxes dos edificios con idéntica función mostráronse xuntas convidando o público a comparar as formas e deseños. Estes edificios eran principalmente celeiros, torres de auga, silos, castilletes de extracción ou altos fornos.[1]
Os Becher fotografaron estas series de edificios industriais seguindo unhas pautas moi definidas. Durante máis de 50 anos percorreron plantas industriais da Europa e dos Estados Unidos. Toda a fotografía de ambos é en branco e negro. No momento no que apareceron as primeiras películas en cor fixeron algunhas probas, mais non lles gustou: “O carácter escultural preséntase mellor coa utilización do branco e negro”. Para tomar as súas imaxes adoitaban situar unha cámara nun punto elevado e logo cunha luz difusa (para non crear sombras) deixaban aberto o obxectivo durante un longo tempo de exposición, evitando desa forma a aparición da figura humana.
O seu rigor chegaba a ser tan obsesivo que lle transfería ás súas escenas un carácter científico. Isto último creou certa polémica sobre a súa ríxida estética. É xustamente este rigor, o que, ao ser visto non de maneira illada senón nunha imaxe detrás da outra, lle confire o seu verdadeiro valor, como "unha lección de anatomía", conseguindo obter unha abstracción realmente nova para a fotografía contemporánea.
Bernd foi profesor na Academia de Belas Artes de Düsseldorf, de 1976 a 1996. Bernd e Hilla recibiron numerosos premios, como o Premio Erasmus en 2002, ou o premio Hasselblad en 2004. Bernd e Hilla influenciaron numerosos estudantes, como Andreas Gursky, Thomas Ruff e Candida Höfer.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lange, Susanne (2006). Bernd and Hilla Becher: Life and Work. Cambridge, Massachusetts: MIT Press.
- ↑ Neumüller, Moritz (2005). Bernd & Hilla Becher speak with Moritz Neumüller. Madrid: La Fábrica / Fundación Telefónica. ISBN 978-84-96466-04-3