Parlamento de Irlanda
Saltar ata a navegación
Saltar á procura

A Leinster House, en Dublín
Oireachtas é o nome en irlandés (aínda que tamén se emprega o nome inglés) do "Parlamento Nacional" da República de Irlanda. Está composto polo Presidente de Irlanda e as dúas cámaras: Dáil Éireann (cámara baixa) e Seanad Éireann (Senado).
É un caso de bicameralismo asimétrico, xa que a Dáil posúe máis atribucións có Senado. a sede de ambas as dúas cámaras atópase nun edificio chamado Leinster House, no centro de Dublín.