John Redmond

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Redmond
Nacemento1 de setembro de 1856
Lugar de nacementoCondado de Wexford
Falecemento6 de marzo de 1918
Lugar de falecementoDublín
SoterradoSt. John's Cemetery Wexford
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa católica
Alma máterClongowes Wood College
Ocupaciónpolítico e Barrister
PaiWilliam Archer Redmond
FillosWilliam Redmond
Na rede
WikiTree: Redmond-1291 Find a Grave: 6906338 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
John Redmond contra o 1916.

John Edward Redmond ou Seán Mac Réamainn en irlandés, nado en Kilrane (Condado de Wexford, Irlanda) o 1 de setembro de 1856 e finado en Londres (Inglaterra) o 6 de marzo de 1918, foi un político nacionalista irlandés, barrister, deputado na Cámara dos Comúns e líder do Partido Parlamentario Irlandés entre 1900 e 1918.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Nacionalista desne pequeno, seu pai foi un activista da causa irlandesa. Foi ducado en colexios xesuítas e posteriormente estudou Dereito. Involucrado na política polo seu pai, en 1880 foi elixido parlamentario en representación do Partido Parlamentario Irlandés. Foi un forte opositor á política nacionalista violenta que algúns propugnaban, defendendo a postura do Home Rule, unha limitada forma de autogoberno para Irlanda proposta polo Reino Unido.

Líder do Partido Parlamentario Irlandés[editar | editar a fonte]

A partir de 1891 liderou a facción pro-Parnell do partido, logo da morte deste último; e cando o partido se reunificou en 1900, foi elixido como o seu presidente. A súa loita por establecer que o Home Rule fora aprobado estendeuse ata 1911, cando o parlamento británico aprobouno logo de catro proxectos fracasados. Con todo, esta situación foi fortemente rexeitada polos irlandeses protestantes, que temían ao dominio dun estado católico e un desequilibrio da situación económica debido ao carácter predominantemente agrícola de Irlanda.

A súa ameaza de oprse pola violencia, que coincidía cos irlandeses católicos máis radicais en non aceptar esta política moderada, levaron a que o Reino Unido reformulara o Home Rule e dividira Irlanda en zonas católicas e protestantes. Estas últimas seguirían gobernadas polos británicos por un tempo determinado. Aínda que se opuxo a este cambio, Redmond e o seu partido o aceptaron, pensando que sería algo temporal. Porén, o inicio da primeira guerra mundial pospuxo calquera troco ata despois do conflito. Redmond tivo a oportunidade de ser o xefe do goberno irlandés, mais o seu entusiasta apoio á participación irlandesa na guerra xunto aos británicos e o Alzamento de Pascua de 1916, sepultaron o seu liderado.

Declive político[editar | editar a fonte]

Este último feito, promovido por unha minoría católica que procuraba a independencia total, e a forte represión británica -tódolos líderes do Alzamento foron executados como traidores e o alistamento no exército fíxose obrigatorio- prenderon no nacionalismo irlandés e deron unha forza inesperada ao Sinn Féin, un partido que non tivera que ver co movemento, pero que ante a opinión pública era o referente dos nacionalistas católicos. O seu líder, Éamon de Valera, xurdiu entón como o líder de Irlanda na súa loita independentista. En 1918 o Sinn Féin obtivo a maioría nas eleccións xerais e proclamou a independencia unilateral de Irlanda, establecendo a República de Irlanda.

No entanto, Redmond non acadou a vivir o colapso do partido polo cal loitara toda a súa vida. Finou en marzo de 1918 e foi sucedido na dirección do movemento por John Dillon. É considerado un heroe por moitos debido ao seu compromiso coa non violencia nun período convulsionado e moi polarizado da política irlandesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gwynn, Stephen: John Redmond's last years, Edward Arnold pub. (1919)
  • Gwynn, Denis: The Life of John Redmond (1932)
  • Bew, Paul: John Redmond (1996)
  • O’Connor Lysaght, D. R.: The Rhetoric of Redmondism History Ireland Magazine (Spring 2003).
  • Bew, Paul: Redmond, John Edward (1856-1918), Oxford Dictionary of National Biography (2004)
  • Meleady, Dermot:. Redmond: The Parnellite. Cork University Press. ISBN 9781859184233. (2008)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]