Ponte de Londres
Ponte de Londres | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte de estrada, ponte de formigón pretensado, ponte en arco, Ponte de trabes de caixa e ponte romana ![]() | |||
Epónimo | Londres ![]() | |||
Material usado | formigón pretensado e Formigón armado ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Londres | |||
Condado cerimonial | Gran Londres | |||
Borough | Southwark ![]() | |||
Localización | Centro de Londres e Londres ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 16 de marzo de 1973 ![]() | |||
Inauguración | 1973 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Atentados de junho de 2017 em Londres (pt) ![]() | ||||
Ataques na Ponte de Londres em 2019 (pt) ![]() ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Altura | 16 m ![]() | |||
Anchura | 32 m ![]() | |||
Lonxitude | 283 m ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A ponte de Londres (London Bridge en inglés) é unha ponte en Londres (Inglaterra) que cruza o río Támese, entre a cidade de Londres e Southwark. Sitúase entre as pontes de "Cannon Street Railway" e "Tower Bridge" (é comunmente confundido con este último aínda que son pontes distintas).
Na parte sur da ponte atópase a Catedral de Southwark e a London Bridge Station. Na parte norte atópase o monumento ao grande incendio de Londres e o Monument tube station. Foi a única ponte sobre o Támese, desde Kingston ata a ponte de Puntney inaugurada en 1729. A ponte actual abriuse o 17 de marzo de 1973 e é a última dunha sucesión de pontes construídas no sitio. É parte da estrada A3 que é mantida pola Autoridade do Gran Londres.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]No lugar actual leva existindo unha ponte durante preto de 2000 anos. A primeira ponte sobre o Támese na zona de Londres foi construído polos romanos como parte do seu programa de construción de estradas para axudar a consolidar a súa conquista no lugar actual ao redor do ano 50 d. C. e estaba feito de madeira.[2] A localización foi probablemente elixida por ser unha zona óptima para construír unha ponte e á vez ter augas profundas con acceso ao mar. O asentamento e a ponte foron destruídos nunha rebelión encabezada pola raíña Boadicea no ano 60 d. C. A súa vitoria foi efémera, e pouco despois os romanos derrotaron aos rebeldes e dedicáronse á construción dunha nova cidade amurallada. Parte da muralla sobreviviu ata os nosos días. A nova cidade e a ponte construíronse ao redor da posición da ponte actual, e deulle acceso aos portos da costa sur a través de Stane Street e a rúa Watling (A2).
A ponte caeu en desuso despois de que os romanos marcharan. Como Londinium tamén foi abandonado, había pouca necesidade dunha ponte neste punto, e no período saxón o río era a fronteira entre os reinos hostís de Mercia e Wessex. Moito máis tarde, unha tradición escandinava afirma que a ponte foi derrubada polo príncipe noruegués Olavo en 1014, para axudar ao rei anglosaxón Etelredo para dividir ás forzas invasoras do danés Svein Haraldsson quen posuía a cidade amurallada de Londres e Southwark, a ambos os dous lados do río, recuperando así Londres. Pénsase que este episodio inspirou a famosa canción de berce británico "London Bridge Is Falling Down" (a ponte de Londres está a caerse).
A reconstruída Ponte de Londres foi destruída por unha tormenta en 1091, e de novo (esta vez debido ao lume) en 1136.
Antiga Ponte de Londres
[editar | editar a fonte]

Despois da destrución da ponte en 1136, o seu mantedor Peter de Colechurch propuxo substituír a ponte de madeira por unha construción permanente de pedra. Impuxéronse novos impostos para financiar a ponte de pedra, e a construción da nova ponte comezou no reinado de Henrique II de Inglaterra en 1176. Tardáronse trinta e tres anos en completar a ponte e non estivo finalizado ata 1209, durante o reinado de Xoán I de Inglaterra.
Segundo o costume medieval construíronse casas sobre a ponte, a cal pronto estivo chea de tendas, vivendas e mesmo unha capela na súa parte central. Gravados da época mostran que se alzaron construcións de ata sete pisos. Preto de douscentos comercios aliñábanse a ambos os dous lados da estreita rúa; este feito fixo que o tráfico que cruza o río se freara. As casas e as tendas tomaron o espazo e atraían multitudes, xa que cando os carros rompían cruzar a ponte podería levar ata unha hora. Por esta razón, a xente do montón a miúdo optou por utilizar transbordadores para cruzar dunha a outra beira.
Varios arcos da ponte derrubáronse en certas ocasións, e as casas da ponte foron queimadas durante a revolución dos campesiños de 1381 e a rebelión de Jack Cade en 1450, durante a cal tivo lugar unha batalla sobre a ponte.
A parte sur da ponte converteuse nunha das vistas máis tristemente coñecidas de Londres, xa que alí exhibíanse as cabezas dos traidores empaladas e cubertas de alcatrán para protexelas dos elementos. A cabeza de William Wallace foi a primeira en colocarse, en 1305, comezando unha tradición que se perpetuou durante 355 anos. Outras cabezas colocadas na ponte foron as de Thomas More e Xoán Fisher en 1535 e as Jack Cade e Thomas Cromwell en 1540. Un visitante alemán en 1598 relatou ver máis de 30 cabezas sobre a ponte. A práctica foi finalmente abolida en 1660 tras a restauración do reinado de Carlos II de Inglaterra.
As construcións sobre a ponte supuxeron un perigo de incendio constante, á vez que aumentaron a presión sobre os seus arcos, polo que non sorprende que acontecesen numerosos desastres no mesmo. En 1212 ou 1213 iniciouse quizais o maior dos primeiros incendios de Londres, ardendo á mesma vez os dous extremos da ponte atrapando no medio a moitos habitantes e matando ao redor de 3000 persoas. Outro grande incendio ocorreu en 1633 danando unha terceira parte do mesmo, aínda que isto preveu que a ponte fose afectada durante o grande Incendio de Londres en 1666. En 1722 a conxestión era tal sobre a ponte, que o alcalde decretou que "todas as carruaxes e coches de cabalos entrando desde fóra en dirección a cidade circularan no lado oeste da ponte, e todas as carruaxes e coches de cabalos saíndo desde a cidade cara a fóra circularan no lado leste da ponte". Isto posiblemente foi a orixe de que en Gran Bretaña condúzase pola esquerda. Finalmente, en 1758-62 derrubáronse todas as casas sobre a ponte xunto aos dous arcos centrais, o que mellorou a navegación sobre o río.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Government of the United Kingdom (ed.). "Statutory Instrument 2000 No. 1117 – The GLA Roads Designation Order 2000". Consultado o 2 de maio de 2011.
- ↑ O sitio da nova ponte determinou a situación do propio Londres. O aliñamento de Watling Street co vado en Westminster (cruzado pola illa de Thorney) é a base dun "Londres" romano anticuado, situado nas inmediacións do Park Lane. Véxase Margary, Ivan D., Roman Roads in Britain, Vol. 1, South of the Foss Way – Bristol Channel, Phoenix House Lts, London, 1955, pp. 46 – 47.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de Londres ![]() |