Amazon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Amazon.com")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Amazon.com, Inc.
Amazon logo plain.svg
Day 1 Tower Seattle WA Jan 17.jpg
Sede de Amazon en Seattle.
Tipo Pública
Fundación 5 de xullo de 1994
Localización Seattle, Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas clave Jeff Bezos (Presidente e CEO)
Werner Vogels (CTO)
Industria Comercio electrónico, servizos de computación na nube
Número de empregados 566 000 (2017)
Páxina web amazon.com

Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.

Jeff Bezos fundouna en 1994, pero non estivo operativa ata 1995. Primeiro especializouse na venda de libros e máis tarde diversificou as súas liñas de negocio, engadindo DVD, CD, software, videoxogos, alimentos, xoguetes e máis. É a marca de venda ao por menor máis valiosa do mundo segundo o índice BrandZ.

Conta con almacéns nos EUA, Canadá, Irlanda, Reino Unido, Francia, Alemaña, Xapón e China.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]