Basílica de Santo Apolinario o Novo
| Basílica de Santo Apolinario o Novo | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rávena | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||
|
Cultura
| |||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||||
|
Dedicado a
| |||||||||||||
|
Cadro de persoal
| |||||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||||
|
Fundación
| |||||||||||||
| Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Patrimonio cultural | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||
|
Páxina WEB
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
A basílica de Santo Apolinario o Novo (en italiano: Basilica di Sant'Apollinare Nuovo) atópase na cidade de Rávena, na rexión histórica da Romaña (Italia), que actualmente forma parte da rexión de Emilia-Romaña. Está dedicada a santo Apolinario. Ergueuse por vontade de Teodorico o Grande no ano 505 para o culto ariano da súa xente, aínda que se consagrou ó culto católico no século VI, sendo dedicada a Martiño de Tours. A igrexa conta cun nártice. Dende o século IX a basílica leva o nome actual; o apelativo de Nuovo foille dado para distinguila doutra igrexa máis antiga chamada de Sant'Apollinare in Veclo.
A basílica de Santo Apolinario o Novo foi inscrita pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade en 1996 baixo o grupo de monumentos paleocristiáns de Rávena.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Unesco (ed.). "Early Christian Monuments of Ravenna" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica de Santo Apolinario o Novo |
