Saltar ao contido

Amalasunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmalasunta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento498 Editar o valor en Wikidata
Rávena (Reino ostrogodo) Editar o valor en Wikidata
Morte535 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Isola Martana (Reino ostrogodo) Editar o valor en Wikidata
Raíña de Italia
534 – 535
Rexente Reino ostrogodo
526 – 534 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, escritora Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaAmalos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEutarico (515–522), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosAtalarico, Matasunta Editar o valor en Wikidata
PaisTeodorico o Grande Editar o valor en Wikidata  e Audofleda Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodegoda
Ostrogoda Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX849236 WikiTree: Of_the_Ostrogoths-5

Amalasunta, tamén Amalasuntha, Amalasuentha, Amalaswintha ou Amalasuintha (en gótico: Amalaswinþa), nada en Rávena cara ao 495[1] e finada no lago Bolsena o 30 de abril do 535,[2][3] gobernou os ostrogodos como rexente durante a minoría do seu fillo entre o 526 e o 534 e, como raíña propiamente do 534 ao 535.[4] Era a filla máis nova de Teodorico o Grande e de Andefleda ou Audefleda, unha princesa franca filla de Clodoveo,[2] e cría firmemente na defensa das virtudes e valores romanos. É máis coñecida pola súa relación diplomática con Xustiniano, quen invadiu Italia en resposta ao seu asasinato no na illa Martana do lago Bolsena cara ao 535.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criada no arianismo, a relixión do seu pai. Procopio e Casiodoro, o seu magister officiorum, descríbena como moi culta e profundamente influenciada pola cultura romana coñecedora, ademais do gótico, da lingua latina e grega. No 515, casou con Eutarico, neto de Beremundo, un nobre ostrogodo da liñaxe dos amalos que, daquela, estaba cos visigodos en Hispania, e que era un curmán afastado destinado a suceder a Teodorico, que non tiña descendencia masculina directa. Este príncipe morreu poucos anos máis tarde, no 522, deixando dous fillos: Atalarico, de cinco anos e a quen Teodorico nomeou herdeiro, e Matasunta.

Segundo Gregorio de Tours, no 526, trala morte de seu pai, Amalasunta, a quen súa nai, Audefleda, quería volver casar cun membro dunha familia real, fuxiu cun dos seus servintes, Traguilan. A nai enfureceuse e enviou un grupo armado en procura da filla e cando a atoparon, estrangularon ao servinte e devolvérona á Corte.[6]

Cando morreu Teodorico no 526, o trono pasou a Atalarico polo que Amalasunta gobernou como rexente deste,[7] quen morreu moi novo, o 2 de outubro do 534.[8] Como rexente, tratou de reconciliar os ostrogodos coa poboación de orixe romana e cos romanos de Oriente. Así, por exemplo, trala adhesión ao trono de seu fillo, enviou unha embaixada a Xustiniano, o emperador de Oriente, buscando a renovación dos poderes outorgados a Teodorico, e devolveu a Septimania ao seu sobriño Amalarico e tamén devolveu os bens confiscados polo seu pais aos fillos de Boecio e de Flavio Símaco.[9][10] Escolleu persoas moderadas para os altos cargos, como ao godo Tuluin, a quen confiou o mando do exército.

Tamén procurou unha educación clásica romana para o seu fillo, o que provocou os primeiros descontentos entre os godos que comezaron a conspirar para matala. Consciente do perigo, Amalasunta ordenou executar a tres dos principais conspiradores mentres negociaba con Xustiniano, pedíndolle asilo en caso de que tivera que fuxir de Italia co tesouro dos ostrogodos que, segundo Procopio, era de 2 880 000 sólidos de ouro. Os godos temían que Amalasunta volvera casar e apartara ao fillo da sucesión para poder gobernar ela soa en toda Italia e impor a súa fe ariana.[11]

Durante esta época, estableceu tamén embaixadas e apoiou a política de Xustiniano participando na guerra contra os vándalos, na que tomou a fortaleza de Lilibeo (actual Marsala) en Sicilia, que pertencera anteriormente aos godos dende o ano 491. Esta fortaleza foi parte do dote de Amalafrida, a irmá do seu pai Teodorico, e nai, á súa vez, de Teodato, cando casou co vándalo Trasamundo.[12] Porén, a apropiación de Lilibeo non foi recoñecida por Xustiniano, quen a reclamou como parte do botín, ao que se negou Amalasunta.

Ao mesmo tempo, no 533, comezaron complexas negociacións entre os ostrogodos e Xustiniano sobre problemas políticos e cuestións teolóxicas (a controversia teopasquita), durante as cales Amalasunta asegurou ao enviado do emperador que cedería o goberno de Italia[13] ao Imperio Romano de Oriente no caso de que a morte do seu fillo, daquela gravemente enfermo, as súas malas relacións coa nobreza goda impediran que ela gobernase.

Ao morrer o fillo no 534, e dadas as malas relacións coa nobreza goda, enviou embaixadas a Xustiniano para saber se lle daría asilo en caso de ter que marchar de Italia, ao que Xustiniano respondeu afirmativamente e preparoulle un palacio en Dirraquio.[14] Finalmente, Amalasunta non marchou e escolleu como rei ao seu curmán Teodato, duque de Tuscia e fillo de Amalafreda, irmá de Teodorico, ao que asociou ao trono. A pesar das malas accións e ambicións deste en Tuscia e da opinión desfavorable entre godos e romanos, tratou de utilizar a Teodato como un elemento de equilibrio na súa política, tranquilizando ao bando godo (pois era da liñaxe de Teodorico) e asegurando as boas relacións con imperio oriental.

Illa Martana, no Lago Bolsena; lugar onde fora confinada Amalasunta por Teodato.

Chamouno a Rávena e fíxoo xurar que ela non tería menoscabo do seu poder cando el se convertera en rei;[15] Teodato botouse aos seus pés e xurou todo o que lle pediu[16] mais, contrariamente aos xuramentos, afastouna do poder despois de ter despedido aos seus servintes. Tamén espallou o rumor de que, Amalasunta, era a responsábel da sospeitosa morte da súa nai Audefleda e tras acusala e perseguila dende Rávena, a recluiu nunha illa do Lago Bolsena.

Ante a crítica e a presión de Xustiniano por tela encarcerada, Teodato, fixo que escribise unha carta indicando que recibía bo trato na prisión e cando, Xustiniano, non contento coas explicacións mandou ao seu embaixador Pedro o Patricio para que se encontrase con Teodato en Rávena para ceibar a Amalasunta, Teodato permitiu que fora esganada no baño polos seus inimigos.[17]

Guerra gótica de Italia

[editar | editar a fonte]

Este crime foi o casus belli alegado por Xustiniano para ordenar a Belisario a invasión de Italia, dando comezo á Guerra gótica de Italia[1] que devastou a península durante case vinte anos. Por outra banda, os príncipes francos, curmáns de Amalasunta, esixiron unha reparación, polo que Teodato houbo pagarlles unha multa (wergeld) de 50.000 sólidos, o que ocasionaría a división entre os irmáns pola repartición do ouro.[18]

A súa filla, Matasunta, casou co futuo rei Vitixes e, á morte deste, con Xermano, curmán de Xustiniano.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

"Amalasunta" significa "Virxe dos Amalos".

Amalasunta na literatura

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Sirago (1999), p. 11.
  2. 2,0 2,1 Sirago (1999), p. 101.
  3. Heather (1996), p. 262.
  4. "Amalasuntha". oxfordreference.com (en inglés). Consultado o 30-12-2019. 
  5. Sarantis (2009).
  6. Santinelli (2003), p. 221.
  7. Roy Willis (1993), pp. 201-213.
  8. En Procopio de Cesarea (2007), indícase o 10 de outubro (nota en páxina 66).
  9. Chastagnol (1976), p. 59.
  10. Procopio de Cesarea (2007), p. 57.
  11. Esta tese é recollida por Gregorio de Tours, hostil a Amalasunta por ser ariana, na súa obra Libros, Historias, 15
  12. Procopio de Cesarea (2007), pp. 63-65.
  13. Procopio de Cesarea (2007), p. 65.
  14. Le Beau (1827), p. 286-287.
  15. Procopio de Cesarea (2007), p. 67.
  16. Le Beau (1827), p. 290.
  17. Annales du Moyen Age III. Libraire Lagier. 1825. p. 13. 
  18. Dumézil (2013), p. 165.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]