Tenebriónidos
Tenebrionidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alphitobius sp. (Tenebrioninae: Alphitobiini) A barra de escala (arriba á dereita) é de 2 mm | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Os tenebriónidos (Tenebrionidae) son unha gran familia de escaravellos, cosmopolita, que comprende un número estimado de especies de 20 000. Os humanos espallaron certas especies por todo o mundo facendo que hoxe teñan unha distribución cosmopolita. Exemplos coñecidos son Tenebrio molitor ou Tribolium castaneum.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome Tenebrionidae procede do nome do xénero Tenebrio,[1] que á súa vez significa "buscador de lugares escuros"[2] ou figurativamente 'timador'.
Moitas especies de Tenebrionidae habitan en lugares escuros. As excepcións inclúen xéneros como Stenocara e Onymacris, que son activos polo día e inactivos de noite.
A familia comprende unha variada gama de formas, polo que a clasificación presena grandes dificultades. A seguinte lista de subfamilias foi amplamente aceptada en 2005.[3]
- Alleculinae Laporte, 1840
- Cossyphodinae Wasmann, 1899
- Diaperinae Latreille, 1802
- Lagriinae Latreille, 1825 (1820)
- Nilioninae Lacordaire, 1859
- Phrenapatinae Solier, 1834
- Pimeliinae Latreille, 1802
- Stenochiinae Kirby, 1837
- Tenebrioninae Latreille, 1802
- Zolodininae Watt, 1974
Características
[editar | editar a fonte]Os Tenebrionidae poden identificarse por unha combinación de características, como son :
- Antenas de 11 segmentos que poden ser filiformes, moniliformes ou debilmente con forma de maza.
- O primeiro esternito abdominal é enteiro e non está dividido polas coxas posteriores.
- Ollos divididos por unha crista frontal.
- Os tarsos teñen catro segmentos no par posterior de patas e cinco nos pares anterior e medio (fórmula 5-5-4), e as garras tarsais son simples.
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os escaravellos tenebriónidos ocupan nichos ecolóxicos principalmente en desertos e bosques como comedores de restos de plantas. A maioría das especies son omnívoros xeneralistas, e aliméntanse de follas en descomposición, madeira podre, materia vexetal fresca, insectos mortos e fungos, sexa como larvas ou adultos.[4] Varios xéneros, como Bolitotherus, son funxívoros especializados, que se alimentan de fungos políporos. Moitas das especies máis grandes non poden voar e as que poden facelo, como Tenebrio molitor, só o fan cando é verdadeiramente necesario, como cando se dispersan ou están malntutridos.[5][6][7]
As larvas son xeralmente escavadoras, están fortemente acoirazadas e son nocturnas. Posiblemente son unha fonte importante de recursos para certos invertebrados e pequenos mamíferos. Porén, os adultos de moitas especies teñen defensas químicas e están relativamente protexidos contra os predadores.[6] Os adultos da maioría das especies, excepto as que son pragas de cereais, teñen metabolismos lentos, e teñen vidas longas comparados con outros insectos, que van desde aproximadamente os seis meses a dous anos.
Algunhas especies viven en desertos moi secos como o de Namibia, e neles evolucionaron adaptacións para recoller pingas de auga da néboa que se depositan nos seus élitros. A medida que se acumula a auga, esta drénase fluíndo polo dorso do animal ata a súa boca, onde a tragan.[8]
Especies notables
[editar | editar a fonte]Os estadios larvarios de varias especies críanse para a alimentación de animais insectívoros que están en catividade nos laboratorios:
- As larvas de Tenebrio molitor utilízase comunmente para alimentar animais amniotas terrestres de terrarios.
- Tribolium castaneum é un animal de laboratorio útil como organismo modelo, especialmente en estudos de conflito intraxenómico e ecoloxía de poboacións.
- Zophobas morio é valorado como comida para réptiles en catividade; contén menos quitina que Tenebrio molitor.
- As larvas de Alphitobius diaperinus son menores que as de Tenebrio molitor e, xa que logo, máis axeitadas para alimentar réptiles máis pequenos.
- Moitos tenebriónidos son pragas dos cereais e a fariña almacenados en silos ou outros lugares, incluíndo T. castaneum, outras especies de Tribolium como T. confusum e T. destructor, e tamén Gnathocerus cornutus.
- Varios xéneros, como Stenocara e Onymacris, son interesantes para facer estudos ecolóxicos de condicións áridas e as súas adaptacións asociadas.
- Ulomoides dermestoides, cómese na Arxentina, onde se cre que é un bo tratamento para o cancro, asma e outras enfermidades.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Diaperis boleti baixo a codia dun carballo.
-
Un Platynotina (Tenebrioninae) en India
-
Stenocara dentata no sur de África
-
Escaravello Helea sp. en Australia
-
Hegemona sp. (De Laporte, 1840) de Belize
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Caroli Linnæi ... Animalium specierum in classes, ordines, genera, species, methodica dispositio ..". Internet Archive.
- ↑ Jaeger, Edmund Carroll (1959). A source-book of biological names and terms. Springfield, Ill: Thomas. ISBN 0-398-06179-3.
- ↑ Bouchard, Patrice. Lawrence, John F. Davies, Anthony E. Newton, Alfred F. Synoptic Classification of the World Tenebrionidae (Insecta: Coleoptera) with a Review of Family-Group Names. ANNALES ZOOLOGICI (Warszawa), 2005, 55(4): 499-530
- ↑ "Species Bolitotherus cornutus - Forked Fungus Beetle".
- ↑
- ↑ 6,0 6,1 "Family Tenebrionidae - Darkling Beetles".
- ↑ "Bolitotherus cornutus". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2018.
- ↑ "Desert beetles inspire aircraft design that doesn't freeze". ZME Science (en inglés). 2016-01-25. Consultado o 2016-01-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tenebriónidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tenebriónidos |