Tribolium destructor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tribolium destructor é unha especie de escaravello tenebriónido (os chamados escaravellos da fariña). É unha praga común que ataca grans de cereais e fariñas almacenadas.

É unha especie moi escura, máis escura que outros Tribolium, de 5 a 6 mm de longo. Atópase en Norteamérica, Europa e África. Ademais de causar danos á fariña e grans, ataca aos pellets de comida para animais, copos de avea e alimento para aves.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Granousky TA. 1997. Stored Product Pests. In Handbook of Pest Control, 8th Ed. Hedges SA, Moreland D (editors). Mallis Handbook and Technical Training Company.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • As especies de Tribolium son difíciles de identificar. Velaquí catro especies xuntas. Nótese que varias especies de Tribolium poden aparecer na mesma infestación.Colpolon



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.