Tribolium confusum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tribolium confusum é unha especie de escaravello tenebriónido, un dos que se coñece como escaravello da fariña (ver tamén Tenebrio molitor e Tribolium castaneum). É unha praga común que ataca a grans de cereais e fariñas almacenadas. É un dos insectos máis comúns e destrutuivos para os cereais e outros produtos alimenticios almacenados en silos, almacéns de comestibles e casas.[1]

O seu nome científico específico, confusum, débese a que se confunde co Tribolium castaneum, que é moi parecido.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

T. confusum é moi similar en aspecto e hábitos a Tribolium castaneum e Tribolium destructor. Tanto T. castaneum coma T. confusum son pequenos, duns 3–6 mm de lonxitude e de cor marrón avermellado. A principal diferenza física distintiva é a forma das antenas: as antenas da especie confusum increméntanse gradualmente en tamaño e teñen catro mazas, mentres que en castaneum só teñen tres. Ademais, os castaneum adoitan voar a curtas distancias, cousa que confusum non fai. Tribolium destructor é moito máis escuro ca eles e menos común.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que T. confusum e T. castaneum non poden alimentarse dos grans cereais completos non danados, é frecuente que aparezan en gran número nos grans infestados, alimentándose ao contrario de grans rotos, po de gran e outros alimentos que hai nas casas, como a fariña, arroz, froitos secos, noces e feixóns. Ambos as especies atópanse a miúdo non só en grans infestados, senón tamén en gretas, en despensas, adegas e lacenas. O dano que sofren os alimentos débese en parte á alimentación dos escaravellos, pero tamén polos seus corpos mortos, pelets fecais e secrecións fedorentas. Ademais de crear mal cheiro, a presenza dos escaravellos favorece o crecemento de mofos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Walter VE. 1990. 'Stored product pests'. Handbook of Pest Control (Story K, Moreland D. (eds.)). Franzak & Foster Co., Cleveland, OH. pp. 526–529.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Foto en primeiro plano en pbase.com
  • As especies de Tribolium so difíciles de identificar. Velaquí catro especies xuntas. Nótese que varias especies de Tribolium poden aparecer á vez na mesma infestación.Colpolon