Tenebrioninae
Tenebrioninae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Blaps mortisaga da tribo Blaptini | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Tribos | |||||||||||||||||||
Unhas 20-30, ver texto |
Tenebrioninae é a subfamilia máis grande dentro da familia dos tenebriónidos, que contén algunhas especies coñecidas como escaravellos da fariña, entre outras. Os Tenebrioninae comprenden máis de 20 tribos.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Adultos
[editar | editar a fonte]Os adultos son escaravellos robustos de tamaño medio que tipicamente teñen élitros con algún tipo de corrugación na parte superior. Son normalmente negros, marrón escuro ou grises e adoitan ter un brillo satinado. O corpo ten forma de cápsula de medicamento ou parecida a unha bala; as patas poden ser curtas e grosas ou longas e delgadas. Comen tanto vexetación fresca como en descomposición, incluíndo verduras e varios son pragas da fariña e outros produtos cereais comercialmente importantes.
A subfamilia foi caracterizada[1] pola posesión nos adultos de mandíbulas coa parte traseira en fronte do bordo de corte, sen marxinación e escavada en fronte da parte molar; ter ocelos dispostos en dous grupos con forma de lúa crecente transversos ou circulares a cada lado da cabeza e con cinco lentes máis ou menos fusionadas; ter antenas con artellos basais bastante máis longos que anchos; ter un pixidio que é apicalmente bicomuto; e ter espiráculos abdominais que son ovais e transversos, entre outras características.
Larvas
[editar | editar a fonte]As larvas dos Tenebrioninae parécense moito a outras larvas de tenebriónidos:[2] son usualmente cilíndricas ou lixeiramente aplanadas, ocasionalmente curtas e anchas ou fortemente aplanadas. A cabeza e todos os terxitos visibles ou só a cabeza e ápice abdominal están fortemente esclerotizados.
Os caracteres de diagnóstico das larvas inclúen a presenza dunha sutura frontoclipeal, antenas sensoriais planas e de tipo cupuliforme, ápice malar simple que non está partido, noveno esterno simple, espiráculos anulares ou multiforos anulares, e a ausencia dunha endocarina, prosteca mandibular, bastóns hipostomais, porpatas ventais e grupos ou ringleiras de asperitos tergais.
Especies notables
[editar | editar a fonte]As larvas do Tenebrio molitor úsanse comunmente como insectos para a alimentación de réptiles e anfibios. Outras especies de Tenebrio e Tribolium tamén se crían para servir de comida para animais. Tribolium castaneum é un organismo modelo moi utilizado, especialmente en estudos de conflito intraxenómico e ecoloxía de poboacións.
Varias especies de Tenebrio e Tribolium, como Tribolium confusum e Tribolium destructor e outros xéneros como Gnathocerus cornutus son pragas dos silos de cereais e fariña e outros produtos almacenados.
Sistemática
[editar | editar a fonte]






Os Tenebrioninae divídense tradicionalmente nunhas 20-30 tribos. A delimitación exacta e validez de varias delas non está moi clara. Os estudos de filoxenia molecular deron lugar a resultados inconsistentes, quizais debido á hibridación, transferencia horizontal de xenes procedentes da bacteria Wolbachia e mostraxe do taxon insuficiente que confunde o estudo da información contida nos datos de secuencias de ADN.[3][4]
Nalgúns tratamentos, os Pimeliinae están tamén incluídos como unha tribo máis. Isto pode ser correcto, pero todo o que se pode dicir é que son unha liñaxe estreitamente relacionada pero ben diferenciada dos Tenebrionidae. Os Opatrini por veces son elevados ao rango de familia co nome Opatrinae. Os Crypticini, Pentaphyllini e Scaphidemini son ás veces situados aquí, pero o máis común é que os sitúen nos Diaperinae.[3][4]
En investigacións feitas por Kamiński et al. publicadas en 2021, as seguintes tribos foron movidas desde os Tenebrioninae a unha nova familia resurrecta, os Blaptinae. Estas tribos conteñen 281 xéneros e unhas 4 000 especies, aproximadamente o 50% dos Tenebrioninae. A nova clasificación foi a seguida por Bouchard et al. ese mesmo ano.[5][6]
- Amphidorini LeConte, 1862
- Blaptini Leach, 1815
- Dendarini Mulsant & Rey, 1854
- Opatrini Brullé, 1832
- Pedinini Eschscholtz, 1829
- Platynotini Mulsant & Rey, 1853
- Platyscelidini Lacordaire, 1859
Os Tenebrioninae resultantes, de acordo coa "Review of genus-group names in the family Tenebrionidae" ("Revisión dos nomes de grupos de xéneros na familia Tenebrionidae", Bouchard et al. 2021), comprende as seguintes tribos:[6]
- Acropteronini Doyen, 1989
- Alphitobiini Reitter, 1917
- Amarygmini Gistel, 1848
- Apocryphini Lacordaire, 1859
- Bolitophagini W. Kirby, 1837
- Centronopini Doyen, 1989
- Cerenopini Horn, 1870
- Dissonomini G.S. Medvedev, 1968
- Eulabini Horn, 1870
- Falsocossyphini Ferrer, 2006
- Heleini Fleming, 1821
- Helopini Latreille, 1802
- Melanimonini Seidlitz, 1894 (1854)
- Metaclisini Steiner, 2016
- Palorini Matthews, 2003
- Paoligenini Ferrer, 2013
- Praeugenini De Moor, 1970
- Rhysopaussini Wasmann, 1896
- Scaurini Billberg, 1820
- Scotobiini Solier, 1838
- Tenebrionini Latreille, 1802
- Titaenini Fauvel, 1905
- Toxicini Oken, 1843
- Trachelostenini Lacordaire, 1859
- Triboliini Gistel, 1848
- Ulomini Blanchard, 1845
Finalmente, os seguintes xéneros teñen unha situación incerta nesta subfamilia:
- Anophthalmolamus Ferrer, 1993
- Hangaya Matthews & Merkl, 2015
- Penichrus Champion, 1885
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ St. George, R. A. (1924). STUDIES ON THE LARVAE OF NORTH AMERICAN BEETLES OF THE SUBFAMILY TENEBRIONINAE WITH A DESCRIPTION OF THE LARVA AND PUPA OF MERINUS LAEVIS (OLIVIER). (en English). Proceedings of the United States National Museum: Bureau of Entomology, United States Department of Agriculture. pp. 2–3.
- ↑ "Introduction to the Darkling beetles of Eastern United States and Florida". entnemdept.ufl.edu. Consultado o 2021-12-31.
- ↑ 3,0 3,1 Angelini, D. R. & E. L. Jockusch. (2008). Relationships among pest flour beetles of the genus Tribolium (Tenebrionidae) inferred from multiple molecular markers. Molecular Phylogenetics and Evolution 46(1) 127-41. doi 10.1016/j.ympev.2007.08.017 (HTML abstract)
- ↑ 4,0 4,1 Bouchard, P.; et al. (2005). "Synoptic classification of the world Tenebrionidae (Insecta: Coleoptera) with a review of family-group names" (PDF). Annales Zoologici 55 (4): 499–530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-03.
- ↑ Kamiński, Marcin; Lumen, Ryan; Kanda, Kojun; Iwan, Dariusz; et al. (2021). "Reevaluation of Blapimorpha and Opatrinae: addressing a major phylogeny-classification gap in darkling beetles (Coleoptera: Tenebrionidae: Blaptinae)". Systematic Entomology 46: 140–156. doi:10.1111/syen.12453.
- ↑ 6,0 6,1 Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Aalbu, Rolf L.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2021). "Review of genus-group names in the family Tenebrionidae (Insecta, Coleoptera)". ZooKeys (1050): 1–633. PMC 8328949. PMID 34385881. doi:10.3897/zookeys.1050.64217. hdl:10261/250214.
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tenebrioninae |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tenebrioninae |