Tempada 2023–24 da Mestis
Tipo | Mestis |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Liga superior | SM-liiga 2023-2024 |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Período de tempo | tempada 2023-2024 |
A tempada 2023–24 da Mestis é a 24ª tempada da Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo en Finlandia. 13 equipos participaron na competición, un menos que na tempada precedente, logo de que o HK Zemgale e os Heinolan Peliitat non continuaran na tempada 2023-24.[1][2]
Esta edición viu o regreso dos Jokerit de Helsinqui a unha liga finlandesa logo de que se uniran á Kontinental Hockey League a partir da tempada 2014-15..[3]
Ao final da tempada o IPK de Iisalmi conseguiu o seu primeiro campionato logo de derrotar o Ketterä de Imatra nas finais (4-3), mentres que o Kiekko-Espoo gañou a medalla de bronce logo de impoñerse ao Hermes de Kokkola por tres goles a un no partido pola medalla de bronce.
Pola súa banda, o FPS de Forssa descendeu á Suomi-sarja logo de perder na serie de cualificación fronte o Hokki de Kajaani, que mantivo a súa praza logo de impoñerse na segunda serie de cualificación disputada fronte o campión da Suomi-sarja, o Pyry de Nokia.
Equipos
[editar | editar a fonte]Liga regular
[editar | editar a fonte]Pos. | Equipo | PX | V | OTW | OTL | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | IPK | 48 | 32 | 4 | 4 | 8 | 205 | 123 | +82 | 108 |
2 | Ketterä | 48 | 29 | 5 | 1 | 13 | 192 | 115 | +77 | 98 |
3 | Jokerit | 48 | 23 | 10 | 5 | 10 | 179 | 120 | +59 | 94 |
4 | K-Espoo | 48 | 26 | 2 | 5 | 15 | 166 | 130 | +36 | 87 |
5 | TUTO | 48 | 22 | 6 | 7 | 13 | 145 | 142 | +3 | 85 |
6 | Hermes | 48 | 22 | 4 | 6 | 16 | 180 | 147 | +33 | 80 |
7 | JoKP | 48 | 18 | 5 | 8 | 17 | 146 | 158 | -12 | 72 |
8 | RoKi | 48 | 18 | 6 | 5 | 19 | 165 | 177 | -12 | 71 |
9 | K-Vantaa | 48 | 19 | 3 | 7 | 19 | 164 | 158 | +6 | 70 |
10 | KOOVEE | 48 | 13 | 6 | 3 | 26 | 122 | 174 | -52 | 54 |
11 | KeuPa HT | 48 | 11 | 7 | 5 | 25 | 122 | 180 | -58 | 52 |
12 | Hokki | 48 | 9 | 4 | 6 | 29 | 112 | 166 | -54 | 41 |
13 | FPS | 48 | 5 | 3 | 3 | 37 | 95 | 203 | -108 | 24 |
Play-offs
[editar | editar a fonte]Eliminatorias previas | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||||||
8. | RoKi | 2 | ||||||||||||||||
9. | K-Vantaa | 0 | ||||||||||||||||
1. | IPK | 4 | ||||||||||||||||
8. | RoKi | 2 | ||||||||||||||||
1. | IPK | 4 | ||||||||||||||||
6. | Hermes | 3 | ||||||||||||||||
3. | Jokerit | 2 | ||||||||||||||||
6. | Hermes | 4 | ||||||||||||||||
1. | IPK | 4 | ||||||||||||||||
2. | Ketterä | 3 | ||||||||||||||||
4. | K-Espoo | 4 | 3º e 4º posto | |||||||||||||||
5. | TUTO | 3 | ||||||||||||||||
4. | K-Espoo | 1 | ||||||||||||||||
6. | Hermes | 0 | ||||||||||||||||
2. | Ketterä | 4 | ||||||||||||||||
4. | K-Espoo | 0 | ||||||||||||||||
2. | Ketterä | 4 | ||||||||||||||||
7. | JoKP | 1 | ||||||||||||||||
7. | JoKP | 2 | ||||||||||||||||
KOOVEE | 0 |
Clasificación final
[editar | editar a fonte]Sija | Joukkue |
---|---|
IPK | |
Ketterä | |
K-Espoo | |
4. | Hermes |
5. | Jokerit |
6. | TUTO Hockey |
7. | JoKP |
8. | RoKi |
9. | K-Vantaa |
10. | KOOVEE |
11. | KeuPa HT |
12. | Hokki |
13. | FPS |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os Jokerit xogaron parte dos seus partidos como locais en Kerava.
- ↑ O JoKP xogou os seus partidos como local en Outokumpu debido ás obras no Joensuun jäähalli.
- Referencias
- ↑ Lehtisaari, Matti (8 de xuño de 2023). "Kiekko-Espoo ja Jokerit kohtaavat Mestis-kauden avauspelissä". Yle.fi (en finés). Consultado o 6 de abril de 2024.
- ↑ Karvonen, Ossi (3 de maio de 2023). "Kohuseura pudotettiin Mestiksestä – näin kulissipeli ratkesi: "Ei se auta, että suullisesti jotain vähän lupailee"". mtvuutiset.fi (en finés). Consultado o 6 de abril de 2024.
- ↑ Touru, Ville (2 de maio de 2023). "Nyt se on varmaa! Jokerit pelaa ensi kaudella Mestiksessä". Iltasanomat. Consultado o 6 de abril de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial da Mestis (en finés) (en inglés)