O Kupittaan monitoimihalli coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio,[1] é un pavillón multipropósito situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku (Finlandia).[2]
O pavillón foi inaugurado no outono de 2006[3] no lugar onde se encontraba un estadio de hóckey sobre xeo anterior, inaugurado en 1973 e con capacidade para unhas 5500 persoas. O Kupittaan monitoimihalli ten capacidade para 2985 persoas.[2] e nel xogan os seus partidos como locais o TuTo da liga Mestis, o equipo feminino do TPS que compite na Naisten Liiga, entre outros.[3] Ademais no antigo estadio xogou os seus partidos como local o principal equipo de hóckey sobre xeo da cidade, o TPS dende 1973 ata o seu traslado ao Gatorade Center en 1990.