Rapunzel
| Rapunzel | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Obra derivada
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Público obxectivo
| |||||||||
|
Edicións
(1914) Rapunzel (en)
(1909) Rapunzel (en) (1890) Rapunzel (en) (1884) Rapunzel (en) (1882) Rapunzel (en) (1812) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) Rapunzel (en) | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Rapunzel (tamén coñecida en galego coma Raponcio) é un conto de fadas da colección dos Irmáns Grimm.[1]
Na colección de contos dos Irmáns Grimm, Rapunzel é o n.º 12.[2] Corresponde ao tipo 310 da clasificación de Aarne-Thompson: A doncela da torre.[3]
Enredo
[editar | editar a fonte]Unha parella que arelaba un fillo, moraban á beira dun xardín arrodeado de paredes que pertencía a unha feiticeira. A dona finalmente grávida, ve uns raponcios plantados no xardín, e cobízaas até a morte. O seu home decide ir apañar algúns para ela e remata enfrontándose coa meiga, a Dama Gothel, que o acusa do roubo. El prégalle piedade, entón a feiticeira dálle algúns raponcios para que os leve para a casa coa condición de que o fillo que está a esperar a súa dona lle sexa entregado no intre do seu nacemento. El concorda. Nado o meniño, a meiga aparece, dálle o nome de Rapunzel e lévaa. Cando cumpre doce anos e se converte nunha mociña, a feiticeira encérraa nunha torre no medio da fraga. A Dama Gothel ía visitala todos os días e pedíalle que deixase caer os seus longos cabelos dourados, para despois gabear até a torre. («Rapunzel, Rapunzel, deixa o teu pelo caer, así podo rubir a escada dourada»).
Un día, o fillo do Rei ouve a Rapunzel cantando na torre, procura unha porta mais non atopa ningún xeito de entrar; despois de escoitala cantar outras veces, decide agardar. Un día olla á feiticeira visitando a Rapunzel, e deste xeito aprende como chegar até a rapariga. Pediulle que deixase caer os seus cabelos e rubiu onda ela. Daquela comezou a frecuentala, namorouse e propúxolle matrimonio. Ela aceptou.
Xuntos planean un xeito de sacala da torre: el acudirá todas as noites, evitando á meiga que vai polo día, e levaralle seda, coa que Rapunzel ha tecer até formar unha escada. A feiticeira descobre que o fillo do rei está a visitar a moza, polo que lle corta o pelo e déixaa no medio dun campo ermo.
Á noite seguinte, cando o fillo do Rei chega á torre, a meiga deixa caer as súas trincas até o chan. Logo de gabear até o alto da torre e se decatar que era a meiga a dona das trincas, esta promételle que endexamais volverá ver a Rapunzel. El, desesperado, cae da torre sobre duns espiños que había abaixo, quedando cego e resignándose a non ver máis á moza. Rapunzel, que quedara grávida do Príncipe, dá á luz un fillo soa no deserto. Ao pouco tempo, vagando o Príncipe cego polo deserto, atopa a Rapunzel e seu fillo, que ao encontralo en tal estado decide levarlo á súa casa. Rapunzel chora de dor pola situación, canendo as bágoas nos ollos do garrido príncipe que, de súpeto, recupera a vista. Despois marchan ao reino cos seus dous fillos e son felices para sempre.
Versións
[editar | editar a fonte]Das innumerábeis versións literarias e cinematográficas quizais a máis sonada sexa o filme da Disney de 2010: Tangled (en Galicia estreada en castelán coma Enredados), unha versión soamente inspirada no conto orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En alemán, «Rapunzel» significa «raponcio». O raponcio ou rapuncio (Campanula rapunculus) é unha planta silvestre cuxa raíz, con forma de nabo, é comestíbel.
- Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Grimm, KHM 012.
- KHM é o acrónimo empregado no catálogo dos contos dos Irmáns Grimm: KHM es Kinder- und Hausmärchen (Contos da nenez e do fogar).
- ↑ AT 0310: The Maiden in the Tower.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rapunzel |