Talismán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O talismán de Carlomagno, tamén un relicario ao parecer atopouse no seu corpo cando a súa tumba foi aberta.

Un talismán é un obxecto ó que se lle atribúen propiedades máxicas, como as de fornecer poder, enerxía ou beneficios específicos ó seu posuidor.[1] Segundo a organización esotérica Orde Hermética da Alba Dourada, un talismán é definido como "unha figura máxica cargada coa forza que se pretende representar".[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Talismán cristián (Breverl), século XVIII

A palabra talismán vén do francés talisman, do árabe tilism (طلسم, plural طلاسم talassim), que vén do grego antigo telesma (τέλεσμα), significando "conclusión, rito relixioso, pagamento",[3][4] e do verbo teleō (τελέω), "conclúo, fago un ritual".[5]

Preparación de talismáns[editar | editar a fonte]

Segundo as escolas máxicas tradicionais, era aconsellable que un talismán fose creado pola persoa que planificaba usalo.[Cómpre referencia] Tamén se dicía[quen?] que a persoa que fixera o talismán debía estar ben versada no simbolismo das forzas elementais e planetarias. Por exemplo, varios talismáns medievais coñecidos presentaban sinais e símbolos xeománticos en relación ós símbolos dos planetas, que tamén son frecuentemente usados na adiviñación xeomántica e na alquimia.

Outros recursos con asociacións máxicas, como cores, aromas, simboloxía, padróns e figuras cabalísticas, podían ser integrados á creación dun talismán, ademais do simbolismo planetario ou elemental escollido. Porén, estes debían ser usados en harmonía coa forza elemental ou planetaria escollida para amplificar o poder previsto do talismán. Tamén era posible engadir un toque persoal ó talismán, incorporando un verso, inscrición ou padrón que tivese un significado particular para o creador. Estas inscricións poden ser selos (emblemas máxicos), versículos da Biblia ou sonetos, pero tamén debían estar en harmonía co propósito orixinal do talismán.[2]

Uso de talismáns na medicina medieval[editar | editar a fonte]

Lea Olsan escribe sobre o uso de amuletos e talismáns de acordo coas prescricións dos médicos no período medieval. Ela sinala que o uso de tales encantos e oracións "poucas veces foi un tratamento de elección"[6] porque eses tratamentos non podían ser debidamente xustificados no campo das ensinanzas médicas de Galen. O seu uso, con todo, normalmente considerábase aceptable; as referencias a amuletos eran comúns na literatura médica medieval.

Por exemplo, un coñecido médico medieval, Xilberto, escribe sobre a necesidade de usar un talismán para garantir a concepción dunha nena. El describe o proceso de produción dese tipo de talismán como "[...] escribindo palabras, algunhas ininterrompidas, outras bíblicas, nun pergamiño a estar colgado no pescozo do home ou muller durante a relación sexual".

Exemplos[editar | editar a fonte]

Zulfiqar[editar | editar a fonte]

Zulfiqar, a espada máxica de Ali, era frecuentemente retratada en bandeiras otomás, especialmente cando era usada pola cabalería xanízara, nos séculos XVI e XVII.

Esta versión da oración completa de Zulfiqar tamén se atopa a miúdo nos talismáns guerreiros Quizilbache:

شاه مردان،

شیر یزدان،

قدرت خدا،

لا فتى إلا علي،

لا سيف إلا ذو الفقار،

''Shah-e-Mardan,

Sher-e-Yazdan,

Qudrat-e-Khuda,

Lafata illa Ali;

La Saifa illa Zulfiqar.''

"Líder de homes de armas,
O león de Yazdan (un nome de Deus en lingua persa),
Pode polo máis alto (Deus),
Non hai ninguén como Ali;
Ningunha espada como Zulfiqar.

Un rexistro de Live like Ali, die like Hussein, como parte dunha longa inscrición talismánica, foi publicada por Tewfik Canaan en The Decipherment of Persian and sometimes Arabic Talismans (1938).[7]

Selo de Salomón[editar | editar a fonte]

O Selo de Salomón.

O Selo de Salomón, tamén coñecido como triángulo entrelazado, é outro antigo talismán e amuleto que foi comunmente usado en diversas relixións. Considerado o emblema polo cal o rei Salomón gobernaba os xenios, non podería terse orixinado con el. O seu uso trazouse en diferentes culturas moito antes da dispensación dos xudeus. Como talismán, críase todopoderoso, o símbolo ideal do absoluto, e era usado para protección contra todas as fatalidades, ameazas e problemas, e para protexer o seu usuario de todo o mal. Na súa constitución, o triángulo co seu ápice cara arriba representa o ben e, co triángulo invertido, o mal.

O triángulo co seu cumio superior era típico da Trindade, figuras que se reproduce en varias relixións. Na India, a China e o Xapón, os seus tres ángulos representan a Brahma, Visnú e Shiva, o Creador, Preservador e Destructor ou Re-xerador. No Antigo Exipto, representou ás deidades Osiris, Isis e Horus. No cristianismo, representaba a Santa Trindade. No seu conxunto, representa os elementos de lume e espírito, compostos polas tres virtudes (amor, verdade e sabedoría). O triángulo co seu ápice orientado cara a abaixo simbolizaba o elemento da auga e tipificaba o mundo material, ou os tres inimigos da alma: o mundo, a carne e o diaño, e os pecados capitais, a envexa, o odio e a malicia. Polo tanto, os dous triángulos entrelazados representan a vitoria do espírito sobre a materia. As primeiras culturas que contribuíron á civilización occidental crían que o selo de Salomón era un talismán e un amuleto de grande alcance, especialmente cando se usaba cunha cruz tau, o yodh hebreo ou o Ankh exipcio no centro.[8]:19–20

Pergamiño talismánico[editar | editar a fonte]

Pergamiño talismánico.

Este obxecto, un pergamiño talismánico, que data do século XI, foi descuberto en Exipto e producido no Califato Islámico Fatimí (909-1171 CE). Reside na colección do Museo Metropolitano de Arte (Nova York)[9] xunto con outros amuletos e talismáns islámicos medievais que foron doados ao museo pola familia Abemayor en 1978. De aproximadamente nove por tres centímetros de tamaño, o rolo de papel en miniatura contén unha combinación de oracións e versículos do Corán e foi creado para ser colocado nunha caixa de amuleto. Este gravado en bloque contén Kufic, a máis antiga caligrafía árabe, así como o selo de Salomón, unha estrela de seis puntas que foi identificada nun gran número de obras de arte islámicas do período.[10]

Esvástica[editar | editar a fonte]

A esvástica, un dos talismáns máis antigos e máis estendidos coñecidos, contén rexistros que datan da Idade de Pedra e atopouse unha incisión en instrumentos de pedra daquel momento. Pódese atopar en todas as partes do Vello e do Novo Mundo, e nas ruínas e restos máis prehistóricos. A pesar da afirmación dalgúns escritores de que foi usada polos exipcios, hai pouca evidencia para suxerir que a usaron e non se atopou entre os seus restos mortais.

Ambas formas, cos brazos orientados á esquerda e á dereita, semellan igual de comúns. Nas paredes de pedra das covas budistas da India, que presentan moitos dos símbolos, os brazos son frecuentemente revirados de ambos os dous sentidos na mesma inscrición.[8]:15

Uraniborg[editar | editar a fonte]

O edificio científico renacentista Uraniborg foi interpretado como un talismán astrolóxico para apoiar o traballo e a saúde dos estudosos que traballan dentro, deseñado mediante o mecanismo teórico de influencia astrolóxica de Marsilio Ficino. As proporcións de lonxitude que o deseñador, astrólogo e alquimista Tycho Brahe traballou no edificio e nos seus xardíns corresponden ás que Heinrich Cornelius Agrippa asociaba a Xúpiter e ao Sol. Esta elección neutralizaría a tendencia dos estudosos a ser flemáticos, melancólicos e excesivamente influenciados polo planeta Saturno.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Campo, Juan E. (2009). Encyclopedia of Islam. Facts On File (Nova York). ISBN 1438126964. 
  2. 2,0 2,1 Gonzalez-Wippler, Migene (2001). Complete Book Of Amulets & Talismans. Lewellyn Publications. ISBN 0-87542-287-X. 
  3. "talisman - Definition of talisman in English by Oxford Dictionaries". Oxford Dictionaries - English. 
  4. Perseus.tufts.edu (ed.). "Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, τέλεσμα". 
  5. Perseus.tufts.edu (ed.). "Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, τελέω". 
  6. "Charms and Prayers in Medieval Medical Theory and Practice". Social History of Medicine 16. pp. 343–366. doi:10.1093/shm/16.3.343. 
  7. Savage-Smith, Emilie (2004). Magic and Divination in Early Islam. Ashgate Publishing. pp. 125–177. ISBN 9780860787150. 
  8. 8,0 8,1 Thomas, William; Pavitt, Kate (1995). The Book of Talismans, Amulets and Zodiacal Gems. Kessinger Publishing Company (Kila, Montana). ISBN 9781564594617. 
  9. "Talismanic Scroll". The Metropolitan Museum of Art. 
  10. "Talismanic Scroll | The Met". Metmuseum.org. 
  11. "Tycho's Talisman: Astrological Magic in the Design of Uraniborg". Early Science and Medicine 16. pp. 95–119. doi:10.1163/157338211X557075. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Complete Book Of Amulets & Talismans, páxina 1, ano 2001, editorial Lewellyn Publications

Modelo:Bruxería Modelo:Superstición