Lladorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°37′17″N 1°14′57″L / 42.62139, -1.24917

Ponte vella de Tavascan

Lladorre é un concello catalán situado na comarca do Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. O seu extenso termo municipal ocupa toda a parte setentrional do val de Cardós.

En 1847 anexionou o concello de Tavascan. Nun primeiro momento esa localidade, que sempre foi o núcleo máis poboado, era a capital municipal. Así mesmo, o concello tamén levaba ese nome.

Tiña en 2017 unha poboación de 225 habitantes, agrupados en varias entidades de poboación: Aineto, Boldís Jussà, Boldís Sobirà, Lladorre, Lleret e Tavascan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]