Vielha e Mijaran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′15″N 0°47′46″L / 42.70417, -0.79611

Vielha e Mijaran
Escudo de Viella Mitg Arán (Lérida).svg
Gausac - Església de Sant Martí.jpg
Igrexa de Vielha e Mijaran.
Localización
Localització de Viella i Mitjaran respecte de la Vall d'Aran.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
ComarcaVal de Arán
Xeografía
Altitude980 msnm
Superficie211,74 km²
Demografía
Poboación5.633 hab. (2008)
Densidade26,6 hab./km²
Outros datos
Código postal25530
AlcaldeJuan Antonio Serrano Iglesias (Unitat d'Aran)
www.vielha-mijaran.org

Vielha e Mijaran (en catalán: Viella i Mitjaran) é un municipio e localidade española situada na provincia de Lleida. É a capital comarcal do Val de Arán.

Limita ao norte co municipio de Canejan, ao noroeste e este con o municipio de Naut Aran, ao sur co municipio de Vilaller, ao oeste con Francia (departamento de Alto-Garona) e co municipio de Es Bòrdes, ao noroeste cos municipios de Vilamòs e Les.

Está situada a beiras do río Garona, a 980 metros de altura, e ten 5.633 habitantes (2008). É un centro turístico de primeira orde xa non só polo pobo, senón pola contorna natural do Val de Arán e as estacións de esquí entre as que destaca Baqueira Beret.

Este municipio formouse nos anos 70 do século XX pola unión dos pobos de Arròs e Vila, Betlan, Escunhau, Gausac, Vielha e Vilac.

Entidades de poboación[editar | editar a fonte]

  • Arròs, 103 hab.
  • Aubèrt, 122 hab.
  • Betlan, 34 hab.
  • Betren, 483 hab.
  • Casarilh, 74 hab.
  • Casau, 100 hab.
  • Escunhau, 105 hab.
  • Gausac, 566 hab.
  • Mont, 28 hab.
  • Montcorbau, 18 hab.
  • Vielha, 3.156 hab.
  • Vila, 31 hab.
  • Vilac, 200 hab.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Igrexa de Sant Miquèu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]