Los Piratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Los Piratas
OrixeVigo, Galiza Flag of Galicia.svg
Período1991 - 2004
Xénero(s)rock, dream pop, indie rock[1]
Selo(s) discográfico(s)Warner Music Spain
MembrosIván Ferreiro (voz)
Paco Serén (guitarra e teclados)
Fon Román (guitarra)
Hal 9000 (batería)
Pablo Álvarez (baixo)
Na rede
http://www.lospiratas.org
Spotify: 6qDVOAIlTaSd7HuVtkfce1 Musicbrainz: e1283576-51be-498c-ae30-b0c1506e4bd8 Songkick: 205088 Discogs: 778687 Deezer: 7992 Editar o valor em Wikidata

Los Piratas foi un grupo galego de rock en español orixinado en Vigo. A súa discografía componse de cinco álbums de estudio, dous directos, un recompilatorio e catro discos de sinxelos e rarezas. Trala súa separación en 2004 deixaron certo baleiro no panorama pop-rock alternativo en español.

No seu último disco, Fin de la Segunda Parte, despídense dos seus "fieles" (denominación que recibían as e os seus seguidores) nun concerto en directo, acompañados por outros artistas como Enrique Bunbury e Amaral.

O cantante do grupo, Iván Ferreiro, emprendeu en 2005 un novo proxecto xunto co seu irmán Amaro. O seu álbum debut leva por título Canciones para el tiempo y la distancia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezaron a súa andaina no 1991 cun álbum en directo, Los Piratas. O seu segundo disco, Quiero hacerte gritar, chegou en 1993, e dous anos máis tarde apareceu Poligamia. Comezaron a obter un maior recoñecemento cando en 1997 o tema Mi matadero clandestino, extraído do seu cuarto traballo Manual para los fieles, foi incluído na versión española da BSO do filme Batman & Robin. Un ano despois, a súa canción M (tamén do álbum Manual para los fieles) formaría parte da banda sonora do filme español Mensaka.

En 1999 foilles encomendado facer unha versión do tema My way de Paul Anka para un anuncio de móbiles da compañía Airtel, o que fixo que fosen amplamente recoñecidos a nivel nacional de forma definitiva. Este feito motivou que o seu álbum recompilatorio Fin de la Primera Parte, xa no mercado nese momento, se reeditase para incluír esta versión do clásico, que uns anos despois tamén sería incluída nun recompilatorio coas mellores versións realizadas de tal canción.

Tralo seu primeiro recompilatorio, comezaron o que se considera a súa "segunda parte" co disco Ultrasónica (2001), o cal marcou un novo estilo para a banda. Nun principio, a súa propia distribuidora, Warner Music, quixo facerlles ver que este disco era demasiado comercial para o ámbito independente e demasiado independente para o estilo máis comercial, polo que se negaron a publicalo. Para convencelos do contrario, os membros do grupo escribiron a canción Años 80, que, unha vez publicado o disco, converteuse en todo un éxito. De feito, pasou a ser unha das cancións máis recoñecidas da banda, xunto con Promesas que no valen nada e My Way. Pouco máis tarde sacaron un pack no que, xunto con Ultrasónica, aparecía o disco Sesiones Perdidas, compendio de cancións non saídas do estudo de gravación, remesturas de cancións anteriores e directos do grupo, incluída unha bonus track que resultou ser un novo tema gravado ao revés.

En 2003 gravaron o seu último disco de estudio, Relax. Neste álbum, a música electrónica substituíu ás guitarras dos primeiros discos e supuxo un punto de ruptura, xa que algúns dos "fieles" considerárono o mellor e máis cohesionado disco da banda, mentres que outros aborrecérono por afastarse demasiado da súa liña. Xunto a este, sacaron outros tres discos de rarezas e singles: Inerte, Respuestas e Dinero.

O 24 de outubro de 2003 gravaron na sala Riviera de Madrid un dos seus últimos concertos e o que sería o seu último álbum, Fin de la Segunda Parte. Catro meses despois anunciaron a súa separación e comezaron a traballar en distintos proxectos por separado.

Despois dos Piratas[editar | editar a fonte]

Iván Ferreiro volveu fichar por Warner. Lanzou o seu primeiro disco en solitario: Canciones para el tiempo y la distancia (2005) e máis tarde Las siete y media (2006), ambos coa compañía do seu irmán Amaro, Mentiroso mentiroso o 25 de marzo de 2008 e Mentiroso mentiroso en directo no (2008).

Fon Román, pola súa parte, uniuse a Suso Saiz para formar Trash of Dreams, minimal electrónico cuxo disco ("Plurals") saíu á rúa a finais do 2005. En setembro de 2006 saíu ao mercado o primeiro traballo en solitario de Fon Román, Silencio cómodo en un jardín descuidado. Pablo Álvarez acompañou a Fon en directo. Paco Serén e Hal traballaron coa banda viguesa Ectoplasma, a cal abandonaron posteriormente.

Parte da historia de Piratas resúmese nun libro titulado Empatía: Conversaciones con Piratas, escrito por Gaby Davila e editado por Zona de Obras e a SGAE. Trátase de conversacións cos seus cinco compoñentes por separado, sen dirección algunha.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1991: Los piratas
  • 1993: Quiero hacerte gritar
  • 1995: Poligamia
  • 1997: Manual para los fieles
  • 1999: Fin de la 1ª parte
  • 2001: Ultrasónica + Sesiones perdidas
  • 2003: Relax + Inerte + Respuestas + Dinero
  • 2004: Fin de la 2ª parte
  • 2008: Disco Duro + Dvd

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfonso Goiriz. "Los Piratas Biography". AllMusic.