Unidade de coidados intensivos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
UCI dun hospital.
Un grupo de médicos examinan un neno nunha UCI pediátrica.

Unha unidade de coidados intensivos (UCI), unidade de vixilancia intensiva (UVI), unidade de coidados críticos (UCC), centro de tratamento intensivo (CTI), unidade de medicina intensiva (UMI) ou unidade de terapia intensiva (UTI) é unha instalación especial dentro da área hospitalaria que proporciona medicina intensiva.

Os pacientes candidatos a entrar en coidados intensivos son aqueles que teñen algunha condición grave de saúde que pon en risco a súa vida e que, por tanto, requiren unha monitorización constante dos seus signos vitais e outros parámetros, como o control de líquidos.[1]

Moitos hospitais teñen habilitadas áreas de coidados intensivos para algunhas especialidades médicas.

Especialidades contempladas[editar | editar a fonte]

Dependendo do volume de pacientes ingresados pode haber varias unidades de coidados intensivos especializadas en diferentes áreas da medicina, como son:

Tipos de UCI en función da poboación[editar | editar a fonte]

Se a poboación pediátrica o xustifica, desenvólvense:

  • Unidades de coidados intensivos pediátricos, que deben diferenciarse das:
  • Unidades neonatais, cuxos pacientes se moven nun rango estreito de idade (desde o nacemento até o día 28 de idade) coñecido como período neonatal.

As unidades de coidados intensivos poden formar parte dun medio de transporte, xa sexa en avións acondicionados como hospital, helicópteros, buques hospitalarios (usualmente integrados en corpos militares navais), ambulancias e autobuses.

Profesionais na UCI[editar | editar a fonte]

Un profesional pertencente á unidade de coidados intensivos, denominado intensivista, ten unha especialidade á que a atención crítica se refire, así como os coñecementos e habilidades necesarios para o desenvolvemento das actividades que se precisan. A regulación das especialidades médicas e a conseguiente homologación na Unión Europea varía co paso do tempo, co que os criterios adecúanse ás necesidades e requerimentos de cada momento.

Servizos[editar | editar a fonte]

Segundo a última actualización dos estándares e recomendacións do Ministerio de Sanidade, o servizo ampliado de coidados críticos é unha das evolucións que se presentan en canto a servizos e unidades. Este servizo incluíuse para ofrecer un servizo máis completo aos pacientes enfermos agudos, entre o que se inclúe a resucitación e o recoñecemento da deterioración da condición clínica.[2]

Normas[editar | editar a fonte]

A complexidade e gravidad das patoloxías e problemáticas dos pacientes que se encontran na necesidade de acudir á UCI, fai que sexan imprescindíbeis unha serie de normas e estándares para un correcto funcionamento de cada unidade. Para iso, existen dúas tipoloxías de normas relativas á UCI:

  • Normas de autorización e rexistro (Previas á constitución dunha UCI).
  • Normas de acreditación (Posteriores á creación).

Así, dez comunidades autónomas víronse obrigadas á cumplimentación da lecislación vicente acorde ao RD 1277/2003, co que nalgúns casos debéronde levar a cabo unha serie de modificacións, mentres que as outras sete non se encontraron na necesidade de realizar ningunha modificación para a cumplimentación da normativa vixente.[3]

Dereitos e garantías do paciente[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Sanidade establece uns dereitos e garantías básicas dos pacientes ingresados na UCI:

  • A implicación do paciente no coidado da súa propia saúde é un elemento relevante en todas as estratexias de atención.
  • Como principio xeral, a información debe ser clara, precisa e suficiente. Débese facilitar información ordenada sobre as condicións que rodean a estancia do paciente na UCI.
  • Tanto a realización de procedementos diagnósticos e terapéuticos invasivos como a administración de tratamentos que impliquen riscos ou inconvenientes de notoria e prevísibel repercusión negativa sobre a saúde do paciente, requirirán, sempre que a situación o permita, o seu consentimento por escrito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Takrouri, M. S. (2004). "Intensive Care Unit". The Internet Journal of Health (en inglés) (Internet Scientific Publications, LLC.) 3 (2). ISSN 1528-8315. Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  2. "UCI, La Unidad de Cuidados Intensivos". Consultado o 12 de narzo de 2018.  (en castelán).
  3. "Estándares y Recomendaciones de la UCI" (PDF). Consultado o 12 de narzo de 2018.  (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]