Saltar ao contido

Estopa (grupo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estopa
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1999 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1998 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF149151376 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000010671677X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01kc_8w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2879624 Facebook: estopaoficial Twitter: estopaoficial Instagram: estopaoficial Spotify: 5ZqnEfVdEGmoPxtELhN7ai Apple Music: 27384332 Last fm: Estopa Musicbrainz: 49fc7e46-5441-4b7e-996a-12dddf22a632 Songkick: 171194 Discogs: 589572 Allmusic: mn0000805858 Genius: Estopa Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Estopa é un dúo español de música creado en 1999, formado polos irmáns David e José Manuel Muñoz Calvo. O grupo é oriúndo de Cornellà de Llobregat (Barcelona), aínda que a súa familia descende do pobo de Zarza Capilla, en Estremadura.

Co seu primeiro disco conseguiron unhas vendas superiores a 1 000 000 copias, logrando así o recoñecemento no seu país natal e despois en países latinoamericanos como México, Chile, Cuba e a Arxentina. Os seus outros sete discos seguiron a fórmula que tanto éxito lles deu: rumbas canallas e urbanas. Son grandes admiradores de Joaquín Sabina. Venderon ao redor en total, máis de 3 500 000 a nivel internacional e nacional.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Teñen 3 500 000 copias vendidas aproximadamente entre tódolos seus discos:

  • Estopa (1999) - 1 200 000 copias vendidas
  • Destrangis (2001) - 800.000 copias vendidas
  • Más Destrangis (2002) - 200.000 copias vendidas
  • ¿La calle es tuya? (2004) - 600.000 copias vendidas
  • Voces de ultrarumba (2005) - 500.000 copias vendidas
  • Allenrok (2008) - 220.000 copias vendidas.
  • Estopa X Anniversarivm (2009)

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
Estopa en concerto

Ao cabo da súa carreira discográfica recibiron numerosos premios, como son entre outros:

  • Premio Amigo 2000 ao Artista revelación.
  • Premio Amigo 2000 ao mellor grupo Español.
  • Premio Ondas 2000 ao Artista revelación Español.
  • Premio Ondas 2004 ao Mellor Álbum por ¿La calle es tuya?.
  • Premio da Cadena Dial ao disco SuperDial máis votado.
  • Premio ao mellor vídeo musical na V edición dos premios da música con "Cacho a cacho".
  • Premio Honra cidade natal de Cornellà.
  • Fillos adoptivos de Zarza Capilla, Estremadura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]