Saltar ao contido

Suevia (1910)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suevia
 Título
Suevia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
4 de setembro de 1910 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1910 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 189001 Galiciana: 577358
Wikidata

Suevia foi un semanario autodefinido como "Revista ilustrada", publicado na Habana a partir do 4 de setembro de 1910. Deixou de editarse ese mesmo ano, para reaparecer en 1912, se ben volveu pechar ó pouco. Estivo dirixida por Ricardo Carballal Lafourcade e o administrador era Manuel Vázquez.

Características

[editar | editar a fonte]

Tratábase dunha publicación bilingüe pero cunha importante presenza da lingua galega, tanto na poesía como na prosa. De carácter literario, realmente, tamén recollía as actividades realizadas polo Centro Gallego de La Habana e outras sociedades galegas, como as sociedades de instrución, fundadas para crear escolas en Galicia; sen deixar por iso de manifesta-lo seu compromiso co movemento rexionalista galego e a crítica contra o caciquismo.

Cómpre destacar a publicación nesta revista dos primeiros poemas en galego de Cabanillas, que chega emigrado a Cuba á vez que nace a revista. Cabanillas chegou a publicar en Suevia un total de 15 poemas, entre eles o titulado Lonxe. Outros colaboradores destacados foro Marcial Valladares, Prudencio Canitrot e Roberto Blanco Torres (que asinaba baixo o pseudónimo de Fray Roblanto).

Deixou de publicarse ó chegar ó número 12 (o 30 de novembro de 1910), pero reapareceu o 8 de febreiro de 1912, co mesmo director, Carballal. Non explica as razóns desa paréntese -só di que "por ausencia de nuestro director"- pero deixa patente a relación con aquela primeira etapa ó identificarse como "Ano II. Número 1".

Nesta segunda etapa, agora baixo o subtítulo "Revista Gallega", publicáronse 37 números. Á relación de colaboradores da primeira engádense agora Antonio Rey Soto, Jesús Peynó Piñeiro ou Enrique Labarta Pose (que asina como Enrique de Suevia). Diferénciase da primeira época na maior calidade nos textos e as ilustracións, mantendo a dobre liña de informar das actividades dos galegos en Cuba e de fomentar e divulgar a cultura galega.

Tamén colaboraron en Suevia Sofía Casanova, Ramón María del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán e Abdón Rodríguez Santos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]