Jesús Peynó Piñeiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1869 Lugo, España |
| Morte | 10 de outubro de 1948 A Habana, Cuba |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Membro de | |
Leopoldo Jesús Peynó Piñeiro, nado en Lugo en 1869 e finado na Habana o 10 de outubro de 1948, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como xornalista en Galicia e emigrou a Cuba en 1906. Militou no galeguismo co musicólogo ortigueirés Sinesio Fraga. Foi un destacado membro do grupo de escritores e artistas galegos en Cuba, denominado La Cacharrería. Traballou como cronista oficial do Centro Galego e promoveu a creación da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega na Habana. Colaborou en diversos periódicos da emigración galega como El Ideal Gallego, Follas Novas, Suevia (da que foi redactor-xefe dende 1910), La Región Gallega, Curros Enríquez, Alma Gallega, La Noche, Diario Español, Cultura Gallega e no prestixioso xornal cubano Diario de la Marina. Dirixiu Vivero en Cuba (1911-1932) editada pola Sociedade Vivero y su Comarca, La Raza (1913) e Suevia (1916). Usou os pseudónimos Farruco de Lugo, P y No, Fray Cauterio, Fray Modesto, J. Oniep, Lucas e outros. Foi depositario da correspondencia de Manuel Murguía e doutros cargos da Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 137. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 12 de maio de 2013.