Abdón Rodríguez Santos
Abdón Rodríguez Santos | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1885 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | século XX |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Irmáns | Luís Rodríguez Santos |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abdón Rodríguez Santos, nado en Ourense o 16 de xullo de 1885, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a carreira eclesiástica que máis tarde abandonou. Marchou a Cuba e dedicouse ao comercio, a ensinanza e o xornalismo. Foi membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi vicesecretario en 1911.[1] Amigo e íntimo colaborador de Roberto Blanco Torres, viaxou con el a Marrocos en 1929. Colaborou en Labor Gallega e nas revistas editadas na Habana Galicia, Suevia, Galicia Gráfica, La Patria Gallega, La Alborada, La Tierra Gallega, Eco de Galicia, Alma Gallega e Heraldo de Galicia. A principios dos anos trinta instalouse en Madrid. Militou no Partido Republicano Federal.[2] No franquismo traballou como inspector de seguros de La Mutua Franco Española,[3] e colaborou en El Progreso.
Era irmán de Luís Rodríguez Santos.
Obra[editar | editar a fonte]
- Amor y Feminismo - Conferencia, 1916.
- Paisajes mentales, 2 tomos, 1928 e 1932.
- El hombre de la calle, 1934.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Habana con Marina López Rosabal o 9 de febreiro de 1910,[4] coa que tivo tres fillos: Abdón, Raquel e Luis Manuel Rodríguez López. Marina faleceu en Madrid o 6 de setembro de 1979.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 575. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 231.