Saltar ao contido

Estilomatóforos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stylommatophora»)
Estilomatóforos
Stylommatophora
Caracois terrestres e lesmas

Rango fósil: cretáceo - actualidade [1]

Varios exemplos de estilomatóforos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Metazoa
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Prosobranchia
Orde: Stylommatophora
A. Schmidt, 1856
Subordes

A dos estilomatófoross (Stylommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.[2]

É un grupo que reúne aos gasterópdos coñecidos como caracois[3] e lesmas[4] ou limachas.[5] Trátase polo tanto de moluscos case exclusivamente terrestres, en contraposición aos basomatóforos que, aínda que comparten con eles a particularidade de teren un pulmón, órgano da respiración aérea, volveron a un estilo de vida acuático.

As dúas sinapomorfias máis características das especies deste grupo son a presenza duna glándula pedia longa situada debaixo dunha membrana,[Cómpre referencia] e de dous pares de tentáculos retráctiles.

Características

[editar | editar a fonte]

A maioría das especies desta orde (os caracois terrestres) presentan unha cuncha ben desenvolvida, no interior da cal o animal pode retraerse por completo. Noutras (as lesmas) a cuncha pode estar moi reducida ou mesmo falta. A diferenza dos basomatóforos, os condutos xenitais masculinos e femininos ábrense nun único orificio.[6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Dous espécimes de Elona quimperiana (caracol de Quimper), sobre un tocón.
Lesma fotografada en Bares, A Coruña.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1856 polo malacólogo alemán Adolf Schmidt.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Stylommatophora está construído cos elementos do latín científico styl-, tirado do grego antigo στὖλος stýlos, 'columna'; ommat-, derivado do grego ὄμμα, -ατος ómma, -atos, 'ollo'; -o- (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivado do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que levan os ollos en columnas', aludindo á posición dos seus ollos no extremo dos tentáculos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Unha clasificación en continua revisión

[editar | editar a fonte]

Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.

Distintas consideracións sobre a categoría taxonómica do grupo

[editar | editar a fonte]

Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Stylommatophora é considerado como:

Clasificacións tradicionais

[editar | editar a fonte]

Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos estilomatóforos nas subordes dos Orthurethra e os Sigmurethra. Outros autores engaden a dos Elasmognatha.[8].

Clasificacións modernas

[editar | editar a fonte]

Situación do grupo dos estilomatóforos (Stylommatophora) dentro da clase dos gasterópodos, segundo as modernas clasificacións:

Clase Gastropoda

  1. Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R. (1996): Základy zoopaleontologie. Olomouc, Moravia, República Checa: Palacký University. ISBN 80-7067-599-3.
  2. WoRMS: An outline for the classification of Phylum Mollusca in taxonomic databases (texto completo en PDF).
  3. caracol1 no dicionario da RAG.
  4. lesma1 no dicionario da RAG.
  5. limacha no dicionario da RAG.
  6. VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados.
  7. Pulmonata na ADW.
  8. 8,0 8,1 Stylommatophora no WoRMS.
  9. Suborde Stylommatophora Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
  10. Stylommatophora non aparece no ITIS. Consultada o 08-03-2016.
  11. Pulmonata Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine. non aparece no Catalogue of Life: 27th February 2016, en Species 2000, do ITIS. Consultada o 08-03-2016.
  12. Pulmonata non aparece na Lista vermella da IUCN. Consultada o 08-03-2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  • Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
  • Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
  • VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]