Basomatóforos
Basomatóforos Basommatophora Rango fósil: carbonífero - actualidade [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O maior dos dous basomatóforos que se ven na foto é Lymnaea stagnalis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias [2] | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
A dos basomatóforos (Basommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.
Na actualidade, dado que non é un grupo monofilético, segundo a taxonomía dos gasterópodos de Bouchet e Rocroi (2005),[4] considérase como un grupo informal do clado dos heterobranquios (Heterobranchia).
Máis recentemente Jörger et al. (2010) trasladou a tres dos seus membros, as superfamilias Siphonarioidea e Amphiboloidea e o clada Hygrophila a un novo taxon, o dos panpulmonados (Panpulmonata).[5]
Características
[editar | editar a fonte]Aína que teñen pulmóns, case todas as súas especies viven en augas doces, e tan só unhas poucas encóntranse no litoral mariño. Todas teñen unha cuncha externa e, a diferenza dos estilomatóforos, os poros xenitais masculinos e femininos están separados, ademais de teren os ollos na base dos tentáculos (ao que alude o seu nome); outra diferenza é que os tentáculos non son retráctiles.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1864 polo naturalista alemán Wilhelm Moritz Keferstein.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Basommatophora está construído cos elementos do latín científico baso-, tirado do grego antigo βάσις básis, 'pé' (e 'base'); ommat-, derivado do grego ὄμμα, -ατος ómma, -atos, 'ollo'; -o- (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivado do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que levan os ollos na base', aludindo á posición dos seus ollos no extremo basal dos tentáculos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Unha clasificación en continua revisión
[editar | editar a fonte]Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Clasificacións modernas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pulmonados#Clasificacións modernas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R. (1996): Základy zoopaleontologie. Olomouc, Moravia, República Checa: Palacký University. ISBN 80-7067-599-3.
- ↑ Hygrophila no WoRMS.
- ↑ Basommatophora no WoRMS.
- ↑ Bouchet, P. & Rocroi, J.-P., eds. (2005): Classification and nomenclator of gastropod families. Malacologia: International Journal of Malacology, 47 (1-2). ConchBooks: Hackenheim. ISBN 3-925919-72-4. 397 pp. Parte de: Malacologia: International Journal of Malacology. Institute of Malacology: Ann Arbor. ISSN 0076-2997.
- ↑ Jörger K. M., Stöger I., Kano Y., Fukuda H., Knebelsberger T. & Schrödl M. (2010): "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10: 323.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basomatóforos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Basomatóforos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
- Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
- Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
- VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orde Basommatophora na ADW.
- Grupo informal Basommatophora Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- Suborde Basommatophora Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Clase Basommatophora no ITIS.