Stephan Endlicher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Stephan Ladislaus Endlicher
Endlicher.jpg
Stephan Endlicher
Litografía de Josef Kriehuber, 1848
Datos persoais
Nacemento 24 de xuño de 1804
Lugar Flag of Austrian Empire Presburgo,Reino de Hungría, Imperio Austríaco
Falecemento 28 de marzo de 1849
Lugar Flag of Austria-Hungary Viena, Imperio Austrohúngaro
Nacionalidade austríaca
Actividade
Campo Botánica, Lingüística, Sinoloxía, Historia, Arqueoloxía, Numismática, Política
Alma máter Universidade de Pest, Universidade de Viena
Premios Orde do Mérito das Ciencias e as Artes
editar datos en Wikidata ]

Stephan Ladislaus Endlicher, nado en Presburgo (hoxe Bratislava) o 24 de xuño de 1804, e finado en Viena o 28 de marzo de 1849,[1][2] foi un botánico, lingüista, sinólogo, historiador, arqueólogo e numismático austríaco.

Foi director do Xardín botánico de Viena e famoso por ser o descritor do xénero Sequoia, entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico, Endlicher estudou filosofía en Pest e en Viena, e teoloxía, desde 1823 a 1826, en Viena, aínda que só recibiu as ordes menores, non sendo ordenado sacerdote.[1][2]

Desde 1826, en Presburgo, centrou a súa atención nos idiomas, estudando especialmente chinés, cuxo coñecemento mostra nalgunhas das súas obras, como Anfangsgründe der chinesischen fonetica (Viena, 1844) e Der nach de Atlas von China Aufnahme der Jesuiten (Viena, 1843).[1]

En 1836 foi nomeado conservador do Naturhistorisches Museum Wien (Museo de Historia Natural de Viena) e, en 1840, profesor de botánica na Universidade desta cidade, sendo tamén, desde 1839 até a súa morte, en 1849, director do xardín botánico da Universidade de Viena.

Ocúpase especialmente do herbario do xardín botánico, ao que achega a súa propia colección, constituída por máis de 30 000 especies.

Desenvolveu un sistema de clasificación dos vexetais, que foi o principal obxectivo do seu libro Genera plantarum secundum ordines naturales disposita (1836-1850). Nesta obra, separa as talófitas das plantas vasculares.

En 1835 fundou a primeira revista austríaca de historia natural: Annalen des Wiener Museums der Naturgeschichte, que aínda se publica a día de hoxe co nome Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien.

Traballou en colaboración con numerosos botánicos, entre eles Gray, Bentham e Brown.

Endlicher describiu durante a súa vida numerosas especies de plantas e varios xéneros, entre eles Sequoia.[3]

Stephan Endlicher participou, así mesmo, en acontecementos políticos, como as revolucións de 1848, e foi membro dos parlamentos alemán e austríaco.

Foi membro das Academias:

Principais obras[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Endl. emprégase para recoñecer a Stephan Endlicher como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]