Stefano Desideri
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1965 (59 anos) Roma, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Stefano Desideri, nado en Roma o 3 de xullo de 1965, é un exfutbolista italiano, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alcumado Cicciobello,[1][2] formouse nos equipos xuvenís da Roma, proclamándose campión de Italia xuvenil na tempada 1983/84, con Romeo Benetti como adestrador.[2] No verán de 1984, xunto co seu compañeiro Marco Savorani, foi cedido ao Piacenza, onde xogou unha tempada, quedando preto do ascenso á Serie B.[3] De volta na capital pasou a formar parte do primeiro equipo, dirixido por Sven-Göran Eriksson. Disputou só 7 partidos na Serie A, competición na que debutou o 12 de xaneiro de 1986, nun partido ante o Udinese. Atopou máis protagonismo na Copa Italia, xogando case todos os partidos e marcando tres goles, un deles na final que o seu equipo lle gañou á Sampdoria.[4]
A partir de 1986, a pesar dos problemas co seu carácter,[1][2][5] foi usado con máis frecuencia por Nils Liedholm, colocado na banda ao lado de Giuseppe Giannini e Carlo Ancelotti.[2] Trala marcha deste último ao Milan, fíxose coa titularidade,[6][7] formando parella central no medio do campo con Giannini. En 1989, coa chegada de Luigi Radice ao banco, estableceuse definitivamente na posición de centrocampista central tivo a súa mellor tempada goleadora, con 10 goles en liga.[2] Na tempada 1990/91, baixo a batuta de Ottavio Bianchi, gañou a súa segunda Copa de Italia e foi finalista da Copa da UEFA, perdendo ante o Inter de Milán.
Ao remate da tempada foi traspasado precisamente ao Inter, por 7.000 millóns de liras,[8][9] nunha operación na que entrou tamén a Juventus como copropietario,[10][11] e pola que ademais Giovanni Trapattoni pasou ao banco de Turín.[12][13] As súas actuacións en Milán non foron as esperadas, e pasou boa parte da tempada como suplente.[14] A súa mala relación co adestrador Corrado Orrico primeiro, e máis tarde co seu substituto, o galego Luis Suárez, empeoran as cousas. En marzo de 1992, despois de marcar un gol contra o Napoli, dirixiuse ao banco e insultou a Suárez, sendo sancionado e multado polo club.[14][15] Na tempada 1992/93, despois de xogar os 4 primeiros partidos de liga cos nerazzurri, foi vendido ao Udinese como contrapartida no acordo que levou a Antonio Manicone ao Milan.[16] En Friúl foi reconvertido por Albertino Bigon como líbero,[17] e marcou o gol decisivo na última xornada ante a Roma, que permitiu aos friulanos acceder á promoción de permanencia que logo gañaron ante o Brescia.[18]
Na tempada seguinte, coa venda de Dell'Anno, foi colocado inicialmente no papel de creador,[19] pero máis tarde o adestrador Azeglio Vicini volveu poñelo na defensa, o que provocou as críticas do presidente Giampaolo Pozzo,[20] que acabou apartando a Desideri do equipo.[21] Foi reintegrado pouco despois, e descendeu xunto co resto do equipo á Serie B, regresando á máxima categoría en 1995. Nos dous anos seguintes, tras algúns desacordos tácticos co adestrador Alberto Zaccheroni,[22] vestiu o brazalete de capitán e acadou a clasificación para a Copa da UEFA na tempada 1996/97, nun ano no que se viu afectado polas lesións.[5][23]
En xaneiro de 1998 foi contratado polo Livorno, na Serie C1, grazas en parte á amizade que o unía ao adestrador Paolo Stringara.[24] Despois de cinco malos primeiros meses, recuperou a súa condición física e tivo algunhas boas actuacións na parte final do campionato,[22] xogando a promoción de ascenso, pero perdendo na final ante o Cremonese. Ao final da tempada o seu contrato non foi renovado e puxo fin a súa carreira deportiva.[25]
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Foi convocado por Azeglio Vicini para a Eurocopa sub-21 de 1986, na que Italia perdeu a final contra España na quenda de penaltis. Desideri marrou un dos lanzamentos.[26] Dous anos despois foi convocado por Francesco Rocca para representar a Italia nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.[27] Disputou 3 partidos olímpicos e marcou un gol no encontro inaugural ante Guatemala.[28] Trala derrota por 4-0 ante Zambia, e as posteriores polémicas, foi excluído do equipo.[29][30]
Adestrador
[editar | editar a fonte]En 1999 pasou a ser segundo adestrador de Giuliano Sonzogni no Lugano suízo.[31] No ano 2000 foi contratado como primeiro adestrador do Marsala,[32] pero o equipo non chegou a ser inscrito no campionato por mor dos graves problemas económicos que atravesaba.[33] Ao ano seguinte foi contratado polo Astrea, na Serie D, pero dimitiu en outubro.
Trala retirada
[editar | editar a fonte]Tras abandonar a súa carreira como adestrador, foi brevemente presidente do Fidene, un club modesto do Lacio, e observador da Roma. Posteriormente converteuse en profesional da pesca de altura. O 6 de xullo de 2012 foi anunciado pola Fiorentina como novo colaborador na área técnico-deportiva.[34] En 2014 formou parte da dirección do Pune City, da India, club vencellado á Fiorentina.[35]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Roma
- Copa Italia (2): 1985/86, 1990/91.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sappino, Marco (2000). Dizionario biografico enciclopedico di un secolo del calcio italiano (en italiano) 2. p. 188.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Caccia, Fabrizio (12 de decembro de 1989). "Non solo muscoli" (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Equipo do Piacenza na tempada 1984/85". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Roma - Sampdoria 1986". almanaccogiallorosso.it (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Toti, Giuseppe (3 de decembro de 1995). "Roma è una città velenosa". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 51. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Bocca, Fabrizio (7 de xullo de 1987). "Ancelotti al Milan. Un giallo per Rolff". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Bocca, Fabrizio (16 luglio 1987). "Il giorno dei grandi rifiuti". La Repubblica. p. Fabrizio. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Ferrara, Benedetto (10 de xullo de 1991). "L'addio di Desideri. Dell'Anno in offerta". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Calciatori ‒ La raccolta completa Panini 1961-2012 (en italiano). 8 (1991-1992). Panini. 25 de xuño de 2012. p. 10.
- ↑ Ferrara, Benedetto (13 de xullo de 1991). "Il Napoli a marcia indietro". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Ferrara, Benedetto (18 de xuño de 1992). "L'Inter chiede Crippa. Schillaci: "Resto"". La Repubblica (en italiano). p. 27. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Desideri bocciato: andrà a Udine. Al suo posto è in arrivo Manicone". Il Corriere della Sera (en italiano). 9 de novembro de 1992. p. 31. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Mou, eroe o mercenario?" (en italiano). 29 de maio de 2010. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 Monti, Fabio (17 de marzo de 1992). "Insultare Suarez costa 20 milioni. L'Inter ferma Desideri per un turno". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 36. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "L' INTER SOSPENDE DESIDERI". la Repubblica (en italiano). 17 de marzo de 1992. Consultado o 30 de xuño de 2021.
- ↑ "Chiuso il mercato: Mateut a Brescia, Roy al Foggia, Desideri a Udine". Il Corriere della Sera (en italiano). 12 de novembro de 1992. p. 45. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Sannucci, Corrado (2 de decembro de 1992). "Bianchi o Desideri, agitare per l'uso". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "In festa l'altra Toscana tra ironia e teppismo". La Repubblica (en italiano). 8 de xuño de 1993. p. 27. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Quasi fatta per Comi all'Udinese". La Repubblica (en italiano). 24 de xullo de 1993. p. 42. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Bianchi, Fulvio (28 de setembro de 1993). "Vicini promosso: "Purché vada via"". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Pozzo, l'allenatore ombra". La Repubblica (en italiano). 23 de novembro de 1993. p. 29. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ 22,0 22,1 Lulli, Sandro (4 de xuño de 1998). "Livorno-Desideri, contatto: "La squadra in B può fare anche meglio"". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Moresco, Gianluca (2 de xuño de 1997). "Udinese, esordio in Europa. "Grazie alle nostre donne"". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Lulli, Sandro (12 de xaneiro de 1998). "La decisione di Desideri: Deodati s'incontra col giocatore e Achilli con Bonetto". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Massone, Gianni (13 de xullo de 1998). "Dieci acquisti, il gruppo storico si è "rotto". Dal 19 a Sestola il Livorno della svolta, ma Bonaldi resta". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 12 marzo 2016. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Perrone, Roberto (1 de decembro de 1992). "Come sbagliare un rigore e vivere infelici". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 41. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Bocca, Fabrizio (2 de setembro de 1988). "L'Italia d'autunno". La Repubblica (en italiano). p. 39. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "L'Italia fa più piccoli i pigmei del Guatemala". La Stampa (en italiano). 17 de setembro de 1988. p. 19. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Rocca si mette in mano a Mauro". La Stampa (en italiano). 25 de setembro de 1988. p. 29. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "I "traditori" dovranno pagare, parola di Rocca". La Stampa (en italiano). 29 de setembro de 1988. p. 24. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Prove di partita sotto ai riflettori". La Repubblica (en italiano). 15 de abril de 2000. p. 7. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Notizie di sport". La Repubblica (en italiano). 23 de xullo de 2000. p. 11. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "Esposto dell'ex patron Leo Mannone: 'Minacce per far fallire la vendita". La Repubblica (en italiano). 22 de setembro de 2000. p. 8. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ Ufficializzato lo staff tecnico di Montella violachannel.tv
- ↑ "Fiorentina oltre i confini: acquistato un club in India, il sogno è portarci Del Piero" (en italiano). 22 de xullo de 2014. Consultado o 25 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do xogador no sitio web do Inter de Milán (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2014.
- Datos do xogador no sitio web da Federación Italiana de Fútbol (en italiano).
- Nados en Roma
- Nados en 1965
- Futbolistas olímpicos de Italia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Piacenza Calcio
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Udinese Calcio
- Xogadores do AS Livorno
- Xogadores da selección de fútbol de Italia sub-21
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Adestradores de fútbol de Italia