Sousa (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sousa
Sousa chinensis
Sousa chinensis

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Infraorde: Delphinida
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Cephalorhynchinae
Xénero: Sousa
Gray, 1866 [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Stenopontistes Miranda Ribiero, 1936

Sousa é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende tres especies de golfiños que se caractarizan por teren unha xiba ba base da aleta dorsal, e que viven na rexión Indo-pacífica e nas costas da África centrooccidental.

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

Teñen o corpo robusto, cun melón arredondado na cabeza e un bico longo e delgado, e cunha xiba alongada no dorso, rematada por unha pequena aleta dorsal. Viven en augas costeiras pouco profundas e estuarios, na rexión Indo-pacífica e da África centrooccidental.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A taxonomía do xénero Sousa é complicada e discutida, chegando algúns autores a propoñer até cinco especieds dentro del:

  • Sousa chinensis, do océano Pacífico.
  • Sousa plumbea, do Índico, nas cosatas da India.
  • Sousa teuszi do Atlántico centroafricano.
  • Sousa lentiginosa, e
  • Sousa borneensis

Até mediados da década de 2000, a maioría das autoridades aceptaban só dúas especies, Sousa chinensis e S. teuszi.[3] [4] [5] [6] [7]

Porén, na sistemática de Rice, amplamente utilizada, identifícanse tres especies, engadindo S. plumbea ás dúas anteriores.[8]

Pero o cetólogo autraliano Graham Ross escribiu "porén, recentes estudos morfolóxicos, apoiados por análises xenéticas, indican que hai unha soa especie con diverdas variantes, para a cal o nome S. chinensis ten prioridade".[9]

De calquera xeito, o consenso maioritario na actualidade sobre es especies de Sousa son as tres especies seguintes:[1]

Distribución das tres especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sousa Gray, 1866 en SIIT.
  2. Carwardine, M. (1995), pp. 174-177.
  3. Wilson & Reeder (2005): Mamamal Species of the World
  4. National Audubon Society (2002): Guide to Marine Mammals of the World. ISBN 0-375-41141-0.
  5. Mann, Connor, Tyack e Whitehead (2000): Field Studies of Whales and Dolphins.Cetacean Societies. ISBN 0-226-50340-2.
  6. Sousa en NCBI].
  7. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Sousa en Mammal Species of the World.
  8. Dale W. Rice (2000): Land Mammals of the World. Systematics and Distribution. Society of Marine Mammalogy. Special Publication No. 4.
  9. Graham J. B. Ross (1998): "Humpback Dolphins" pp. 585-589 en Encyclopedia of Marine Mammals. ISBN 0-12-551340-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sousa
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sousa

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]