Solanum elaeagnifolium
Solanum elaeagnifolium | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Planta con flores, bagas inmaturas (verdes con raias, no centro), e bagas do ano anterior (laranxas na parte superior esquerda) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
Ver texto |
Solanum elaeagnifolium[1] é unha planta solanácea común nativa do sueste dos Estados Unidos, que ás veces é unha mala herba no oeste de Norteamérica e tamén se encontra en Suramérica.[2]
Solanum elaeagnifolium describiuna A. J. Cavanilles. A planta que foi descrita con este mesmo nome por W. Herbert e C. L. Willdenow baseándose en E.G. von Steudel é, en realidade, Solanum aethiopicum.
Descrición e ecoloxía
[editar | editar a fonte]É unha planta perenne de 10 cm[3] a 1 m de altura. Os talos están cubertos de pelos espiñentos parecidos aos pelos das ortigas,[4] que poden ser moi poucos nalgunhas plantas a formar unha cuberta densa noutras. As follas e talos están cubertos con pelos suaves (tricomas) que ocultan a superficie da planta, dándolle unha aparencia prateada ou cincenta.[2]
As follas son de ata 15 cm de longo e 0,5 a 2,5 cm de largo, con beiras onduladas pouco pronunciadas, o cal a distingue da especie estreitamente relacionada S. carolinense, que ten follas máis anchas e con indentación máis profunda. As flores aparecen de abril a agosto e teñen cinco pétalos unidos para formar unha estrela, de cor azul a lavanda claro ou ocasionalmente brancas; cinco estames amarelos e un pistilo forman unha parte central proxectada. A planta produce bagas amarelas brillantes, laranxas ou vermellas que duran todo o inverno e poden volverse marróns cando secan.[2]
O seu rango de distribución vai nos Estados Unidos de Kansas ao sur de Luisiana, e cara ao oeste a través dos estados que lindan con México e no propio México, e tamén se encontra no Uruguai, a Arxentina e Chile.[5] Pode ser que se orixinase en Norteamérica e que se introducise accidentalmente en Suramérica[6] ou á inversa.[5] Pode crecer en solos pobres con moi pouca auga. Reprodúcese por rizomas e por sementes e é común en hábitats alterados. Considérase unha mala herba daniña en 21 dos estados de EUA e en países onde se pode introducir como Australia, Exipto, Grecia, India, Israel, Italia, Suráfrica e Zimbabwe.[7] É tóxica para o gando e moi difícil de controlar, xa que cachos de raíces con menos de 1 cm de longo poden rexenerar a planta.[8] Porén, algúns xardineiros recoméndana como planta oramental de xardíns de climas secos (xeroxardíns).
Os indios pima usaban as súas bagas como callo vexetal, e os kiowas usában as súas sementes xunto con tecido cerebral animal para curtir coiro.[6]
Toxicidade
[editar | editar a fonte]A inxestión da planta foi sinalada como causa da toxicose por ivermectina en cabalos ao que se lle deu a dose recomendada do fármaco, que debería ser inocua. Especúlase que os metabolitos da planta alteran a barreira hematoencefálica, permitindo que a ivermectina a traspase e altere as funcións neurotransmisoras no cerebro e medula espiñal do animal.[9]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Esta planta foi descrita con moitos nomes, todos agora inválidos. Entre eles hai moitos homónimos:[10]
- Solanum dealbatum Lindl.
- Solanum flavidum Torr.
- Solanum incanum Pav. ex Dunal (non L.: pre-ocupado)
- S. incanum de Ruiz & Pavón Jiménez é S. albidum descrita por Dunal.
- S. incanum de Kitaibel baseado en Kanitz é S. villosum descrita por Philip Miller
- S. incanum de Scheff. é S. schefferi.
- S. incanum var. lichtensteinii e var. subexarmatum son S. lichtensteinii.
- Solanum leprosum Ortega
- Solanum obtusifolium Dunal (non Willd.: pre-ocupado)
- S. obtusifolium de Hartweg baseada en Otto Sendtner en von Martius é S. ferrugineum.
- S. obtusifolium de Willdenow é S. aethiopicum.
- Solanum pyriforme var. uniflorum Dunal
- Solanum roemerianum Scheele
- Solanum saponaceum Hook. (non Dunal: pre-ocupado)
- S. saponaceum de Welwitsch é S. aculeastrum.
- S. saponaceum var. uruguense é S. bonariense.
- Solanum texense Engelm. & A.Gray
- Solanum uniflorum Meyen ex Nees (non Dunal: pre-ocupado)
- S. uniflorum de de Conceição Vellozo é S. pseudocapsicum.
- S. uniflorum de Sessé & Mociño e S. uniflorum de Dunal en Poiret foi identificado como Lycianthes mociniana.
- S. uniflorum de Lagasca y Segura e Solanum uniflorum var. berterianum son especies indeterminadas de Lycianthes.
Varias variedades e formas de S. elaeagnifolium recibiron nomes. Xeralmente non son consideradas taxonomicamente distintas:[10]
- Solanum elaeagnifolium f. albiflorum Cockerell
- Solanum elaeagnifolium var. angustifolium Kuntze
- Non confundila con S. angustifolium de Philip Miller
- Solanum elaeagnifolium var. argyrocroton Griseb.
- Solanum elaeagnifolium f. benkei Standl.
- Solanum elaeagnifolium var. grandiflorum Griseb.
- Non confundila con S. grandiflorum de Ruiz e Pavón Jiménez
- Solanum elaeagnifolium var. leprosum (Ortega) Dunal
- Solanum elaeagnifolium var. obtusifolium (Dunal) Dunal
S. elaeagnifolium var. ovalifolium non se refire a S. ovalifolium descrita por Dunal e non pertence á actual especie; é en realidade S. aridum. Por outra parte, S. crispum var. elaeagnifolium é a normal S. crispum de Ruiz e Pavón Jiménez.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USDA, NRCS (n.d.). "Solanum elaeagnifolium". The PLANTS Database (plants.usda.gov) (en inglés). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 17 de novembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Cronquist, Arthur; Holmgren, Arthur H.; Holmgren, Noel H.; Reveal, James L. & Holmgren, Patricia K. (1984): Intermountain Flora; Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. (Vol. 4. Subclass Asteridae except Asteraceae). The New York Botanical Garden. ISBN 0-89327-248-5
- ↑ Niehaus, Theodore F.; Ripper, Charles L. & Savage, Virginia (1984): A Field Guide to Southwestern and Texas Wildflowers. Houghton Mifflin Company, ISBN 0-395-36640-2
- ↑ "Solanum elaeagnifolium Cav.". Native Plant Database. The University of Texas at Austin. 25 de xuño de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 United States Department of Agriculture (USDA) (2006): Germplasm Resources Information Network - Solanum elaeagnifolium. Versión of 14 de xaneiro de 2006. Consultado o 26 de setembro de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 Washington State Noxious Weed Control Board (WSNWCB) (2008): Silverleaf Nightshade. Versión do 9 de xullo de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2008.
- ↑ Nugent, Martin (ed.) (2005): Oregon Invasive Species Action Plan. PDF fulltext
- ↑ California Department of Food and Agriculture (CDFA) [2008]: Encycloweedia – Solanum part 2. Consultado o 2008-SEP-26.
- ↑ Swor, TM; Whittenburg, JL; Chaffin, MK (2009). "Ivermectin toxicosis in three adult horses". J Am Vet Med Assoc 235 (5): 558–62. PMID 19719447. doi:10.2460/javma.235.5.558.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Solanaceae Source [2008]: Solanum elaeagnifolium. Consultado o 26 de setembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Solanum elaeagnifolium |