Tricoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botón e pecíolo dunha especie de Stylidium, amosando tricomas que poden capturar e matar insectos. Observación feita ao microscopio electrónico.

Os tricomas son apéndices da epiderme presentes en diversos órganos das plantas, constituíndo o seu indumento. Poden ser estruturas unicelulares, ou formadas por células en serie, ou estruturas complexas con células especializadas, simples ou ramificadas. Poden ter orixe no mesofilo ou na epiderme. De xeito xeral son vistos como "pelos" ou pequenas "escamas" na superficie das follas e caules.[1]

Función[editar | editar a fonte]

Os tricomas poden ter función de protección contra predadores (dificultando o acceso de pequenos ácaros e insectos aos tecidos macíos das follas ou causando unha sensación desagradábel ao tacto nos labios e na lingua de herbívoros de maior porte); poden estar asociados á secreción de substancias diversas (como nas ortigas e nas plantas carnívoras); poden auxiliar na regulación de humidade e calor (como moitas plantas alpinas) ou até absorber directamente auga nas follas (coma nas bromeláceas); os pelos radiculares aumentan a superficie de absorción de auga da raíz; poden axudar na dispersión das sementes (algodón).

A súa estrutura está asociada a cada unha destas funcións, e hai decenas de variacións na súa forma. A súa presenza, densidade e morfoloxía son características útiles na identificación de moitas especies.[1]

Tipos de tricoma[editar | editar a fonte]

Existem varios tipos de tricomas:

  • Glandulares: segregan aceites, esencias, enzimas, substancias urticantes e acumulan nutrientes (laranxa).
  • Secretores de sal: eliminao o exceso de sal do organismo (exemplo: avicennia).
  • Pelos radiculares: tricomas da raíz que aumentan a súa superficie de absorción.
  • Coléteres: segregan mucilaxe no ápice dalgúns caules.
  • Hidatodos: segregan solucións acuosas de ácidos orgánicos.

No tocante á súa presenza e densidade, as plantas ou os seus órganos poden ser clasificados coma:

  • Glabros: sen presenza ningunha de tricomas;
  • Pubescentes: tricomas espallados e curtos, conferindo, cando moito, unha sensación de leve aveludado e un certo reflexo brillante baixo a luz;
  • Pilosos: tricomas curtos, porén densamente distribuídos na superficie, conferindo incluso coloracións diferentes ás follas;
  • Hirsutos: tricomas longos e densos, practicamente ocultan a superficie da planta, determinando efectivamente a súa coloración.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Geocities - Tricomas". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2009. Consultado o 08 de outubro de 2012.