Irmandade Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Irmandade Galega foi unha organización política galeguista da Arxentina que se fundou en 1941 pola unión do Grupo galeguista de Buenos Aires e membros da Sociedade Nazonalista Pondal.

Historia[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento estivo dirixida por Manuel Puente, Rodolfo Prada e Xosé Abraira, máis tarde virou cara a esquerda e o independentismo dirixida por Moisés da Presa, Bieito Cupeiro, Manuel Pedreira, Bernaldo Souto e Ricardo Flores.

Comezou a editar o periódico A Nosa Terra en xuño de 1942. Ese mesmo ano instituíu o 17 de agosto como Día dos Mártires en recordo do fusilamento de Alexandre Bóveda e a represión contra os galeguistas durante a Guerra civil española e a posguerra.

Houbo seccións da IG en Buenos Aires, La Plata, Mar del Plata, Rosario, Mendoza e fóra da Arxentina en Montevideo e Santiago de Chile.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]