Lino Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ribadeo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Celestino Pérez Andrade |
Lino Pérez Fernández, nado en Ribadeo, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Celestino Pérez Andrade e Ramona Fernández Soto, emigrou sendo mozo a Arxentina, onde traballou no Banco de Boston. Casou coa irmá de Francisco Lanza. Integrouse na Sociedade Centro Ribadeo y Distritos e foi presidente da Federación de Sociedades da provincia de Lugo (1926). Foi o principal animador da Sociedade d'Arte Pondal que deu lugar á Sociedade Nazonalista Pondal e colaborou no seu voceiro A Fouce. Tamén colaborou en Céltiga e El Despertar Gallego. En 1927 integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e deu clases de xeografía de Galicia na sede de Salta. Cando a escisión na Federación, permanece na nacionalista e integrouse como contador na Xunta Executiva. A fins de 1930 rompeu coa Sociedade Nazonalista Pondal e permaneceu na Federación converténdose nun dos principais redactores do Galicia, no que tamén asinaba unha columna como Xandomar. Foi elixido Secretario xeral da Federación (1931-1932) e redactou a nova Declaración de Principios e o Estatuto Federal. Colaborou en Opinión Galeguista. En 1936 participou no comité de apoio ás candidaturas da Fronte Popular española. En 1938 integrouse no Grupo Galeguista de Bos Aires e logo na Irmandade Galega. En 1943 recibiu unha homenaxe da colectividade na Casa de Galicia e en 1946 foi invitado especial no banquete das vodas de prata da Federación. Da directiva do Centro Gallego de Buenos Aires, en 1957 visitou Galicia, asistiu en Compostela aos actos do 25 de xullo e á homenaxe que se lle fixo en Ribadeo a José Alonso de Trelles.[1] En 1959 deu unha conferencia na Casa de Galicia na que afirmou que en España había liberdade. En 1962 foi expulsado da Irmandade Galega.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 239. ISBN 9789507865749. Consultado o 14 de abril de 2014.