Vicente Barros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Mourente, España |
Morte | 7 de maio de 1954 Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Vicente Barros, nado en Mourente (Pontevedra) e finado en Buenos Aires o 7 de maio de 1954, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Arxentina. Pintor de profesión. Foi membro da Sociedade d'Arte Pondal, da que foi elixido secretario en 1927,[1] e presidente en 1929,[2] e despois da Sociedade Nazonalista Pondal da que foi presidente en 1932 e director do seu periódico A Fouce dende 1933. Colaborou en El Despertar Gallego,[3] Céltiga, A Nosa Terra e Raza Celta. Finou en Buenos Aires o 7 de maio de 1954.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Nacionalismo galego. Vieiro de liberdade. Sociedade Nazonalista Pondal, 1936.