Bieito Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bieito Fernández Álvarez
Nacemento1909
 Silvares
Falecementoxaneiro de 1999
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Bieito Fernández Álvarez, nado en Silvares (Grou, Lobios) en 1909 e finado en Lugo en xaneiro de 1999, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos Escolapios de Celanova e despois na Academia Villar de Ourense, onde tivo a Bóveda como profesor. Foi empregado de varias ferreterías. Emigrou a Buenos Aires en 1926 onde foi membro fundador da Sociedade Nazonalista Pondal da que formou parte de varias directivas e foi presidente entre abril de 1934 e 1935. Colaborou no voceiro da sociedade A Fouce co nome da casa Bieito Fernández do Palleiro ou co pseudónimo Heraldo, con artigos sobre o problema agrario, a lingua galega, a necesidade dunha arte galega e a independencia de Galicia. Retornou a Grou en 1935 e formou parte da Federación de Mocidades Galeguistas. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936sorprendeuno en Grou. Foi o autor do panfleto "Ao povo de Grou", editado na Imprenta Ferreiro de Celanova para conmemorar o Día de Galiza de 1936. Nesta folla de exaltación patriótica recomendaba aos mozos estudar as nosas cantigas e bailes populares, consumir produtos galegos e "pensar e escribir, sempre, en idioma galego". Estivo agochado e finalmente procurou refuxio nas terras de Castro Laboreiro o 31 de marzo de 1937 para evitar ser executado. Retornou a Galiza o 8 de abril e foi mobilizado. Estivo vinte meses na fronte de combate, maiormente en Teruel. Volveu a Ourense rematada a guerra e aprobou unhas oposicións a garda bosques, trasladouse a Viveiro.

En xullo de 1943 participou na Asemblea do Parido Galeguista de Coruxo, onde se sentaron as bases para a reorganización do Partido Galeguista no interior. Con Xosé Velo, Remixio González Gándara e outros artellou o Comité Arredista Revolucionario Galego, de vida efémera polas dificultades que impoñía a clandestinidade que se deu a coñecer a través dun manifesto publicado en Patria Galega en abril de 1947, asinado por Bieito Fernández co pseudónimo de B. Silvar.

A finais dos anos sesenta foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Auriense de Ourense.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • O Clube Alexandre Bóveda homenaxeouno o 14 de abril de 1996, sendo nomeado Socio de Honra do Clube.
  • Homenaxe en Grou o 20 de xuño de 1999, na que se descubriu un monólito e placa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]