A Fouce (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Fouce Periódico Galego 1926.jpg

A Fouce foi unha publicación de marcado carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e logo da Sociedade Nazonalista Pondal, que se publicou dende xaneiro de 1926 até xullo de 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires esgazou en dous. Mentres Blanco Amor e os seus partidarios marcharon á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refundouna en 1925 cun marcado carácter independentista, e en xaneiro de 1926 comezou a editar A Fouce como o seu voceiro. Editáronse ese ano catro números, e ininterrompido a publicación.

En 1927 a Irmandade converteuse nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal que logo será coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal. A Pondal foi a unha das primeiras asociacións que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia.

A Fouce volveu aparecer o 1 de febreiro de 1930, sendo nesta segunda época quincenal e mensual. O último número apareceu o 25 de xullo de 1936.

Durante a Guerra Civil Española, en 1938, autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.

En 1941 volveu editarse unha publicación con este título, na que participaron antigos membros da Sociedade Nazonalista Pondal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]