Pedro Campos Couceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Campos Couceiro
Nacemento1871
 Forcarei
Falecemento1954
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Pedro Campos Couceiro, nado en Meavía (Forcarei) en 1871 e finado en Buenos Aires en 1954, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina en 1887 e aínda que retornou en 1895 só por uns meses, instalouse definitivamente en San Juan onde casou e tivo doce fillos.

En 1921, xa viúvo, trasladouse a Bos Aires, e participou na creación da sociedade dos emigrantes da Terra de Montes, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922. A Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, na parroquia de Quintillán, inaugurando en 1928. Pedro Campos e Manuel Pichel foron os directores de Umia y Lérez a publicación mensual da Sociedade, que apareceu en 1923.

Asociouse ao Centro Galego e coa Sociedade de Forcarei, integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, sendo elixido para a súa Executiva. Afiliado a Sociedade Nazonalista Pondal, apareceron en A Fouce algúns escritos seus en 1930.

Proclamada a República, a FSG enviouno a Galicia como representante da emigración con Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Chegou a Galicia a finais de maio de 1931. Participou, con Alonso Ríos, na efémera proclamación da I República Galega. Regresou a Arxentina en 1932.

Colaborou en Raza Celta, Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo. En 1939 promoveu unha campaña entre as entidades galegas da Arxentina, para que se dirixiran ás casas anunciadoras pedíndolles que non contrataran artistas para ridiculizar aos galegos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]