Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires
Tipoasociación
Data de fundación1923
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
editar datos en Wikidata ]

A Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires foi unha asociación galeguista de Bos Aires constituída en 1923.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada por Eduardo Blanco Amor e Ramiro Illa Couto en agosto de 1923, vencellada á Irmandade Nazonalista Galega. O seu voceiro era Terra, do que saíron cinco números, todos monolingües en galego.

En 1924 tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a asociación esgaza en dous, Blanco Amor e os seus partidarios marchan á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, mentres o outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refúndana en 1925, con A Fouce como voceiro, cun carácter marcadamente independentista.

En 1927 a Irmandade convértese nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal (posteriormente coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal).