Sociedade Nazonalista Pondal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sociedade Nacionalista Pondal")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Insignia da Sociedade Nazonalista Pondal, 1929

A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1927 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires converteuse na asociación cultural Sociedade d'Arte Pondal, que axiña adoptou o novo nome de Sociedade Nazonalista Pondal. Fundada por Moisés da Presa, Bernardo Souto, Clemente López Pasarón, Lino Pérez e Bieito Fernández Álvarez. Posuía un voceiro chamado A Fouce, o cal saíu ata 1938.[1]

A Sociedade Nazonalista Pondal foi a unha das primeiras asociacións importante que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia, sen moito éxito. A persoa en quen ía recaer en Galicia a creación dese partido sería Álvaro de las Casas, quen impulsara en febreiro de 1932 os primeiros grupos Ultreya.[2]

En 1938 autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires. A SNP contou nos seus anos de existencia con arredor de 100 socios.

Entre 1938 e 1941 os seus membros participan da reorganización patriótica galega no exilio, poñendo a súa experiencia militante ao servizo da mesma. Os tres vogais da primeira directiva da Irmandade Galega serían antigos membros da SNP (Vicente Barros, Pedro Campos Couceiro e Xohán González). No 1941 relanzouse A Fouce, que se volverá publicar ata 1944.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (2015) Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), Edicións Laiovento, páxinas 151 a 158.
  2. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (2003) Álvaro de las Casas. Biografía e documentos, Galaxia, páxinas 46 e seguintes.
  3. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (2015) Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), Edicións Laiovento, páxinas 151 a 158.