Sioux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Sioux son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. Os sioux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Sioux que falaban tres variedades lingüísticas da lingua sioux, que incluía o lakota, santee e Yankton-Yanktonai.

O nome sioux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ottawa: na·towe·ssiwak, "sioux".

Divisións sociais[editar | editar a fonte]

Santee[editar | editar a fonte]

Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.

Lakota[editar | editar a fonte]

Ver Lakota.

Lingüística[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Lingua sioux, Lingua lakota e Lingua dakota.
Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da Reserva india de Pine Ridge (1899).

Os sioux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

  1. Dakota oriental (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
    • Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
    • Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
  2. Dakota occidental (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
    • Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
    • Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
  3. Lakota (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Sioux)

As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua sioux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[1] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).

Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o sioux a terceira lingua. O sioux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.

O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos sioux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota, etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa Sioux.

Activismo no século XX[editar | editar a fonte]

Incidente de Wounded Knee[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Incidente de Wounded Knee.

Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.

O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu a Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.

República de Lakota[editar | editar a fonte]

Artigo principal: República de Lakota.

A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[2] O grupo considera ós Lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parks, D. R.; DeMallie, R. J. (1992). "Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification". Anthropological Linguistics 34 (1–4). 
  2. Descendentes de Touro Sentado e Cabalo Tolo independízanse de USA, Agence France-Presse news
  3. Bill Harlan (21 de decembro de 2007). "Lakota group secedes from U.S.". Rapid City Journal. http://www.rapidcityjournal.com/articles/2007/12/21/news/local/doc476a99630633e335271152.txt. Consultado o 2007-12-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sioux