Protestas polo oleoduto Dakota Access

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un home lakota encadéase a si mesmo á maquinaria de construción en sinal de protesta.
Marcha pacífica en setembro de 2016.

As protestas polo oleoduto Dakota Access, tamén coñecidas polo cancelo #NoDAPL, foron movementos grassroots que comezaron na primavera de 2016 por mor da aprobación da construción do oleoduto Dakota Access por Energy Transfer Partners no norte dos Estados Unidos de América. O oleoduto foi proposto para percorrer dende os campos de petróleo de Bakken Formation no oeste de Dacota do Norte até o sur de Illinois, cruzando o río Missouri e o río Mississippi, así como por baixo do lago Oahe preto da reserva india de Standing Rock. Moitos dos membros das tribos de Standing Rock consideraron o oleoduto unha ameaza para a auga limpa da rexión e dos seus antigos campos de enterramento. En abril, a líder síux de Standing Rock, LaDonna Brave Bull Allard, estabeleceu un campamento como centro de resistencia espiritual e preservación cultural cara ao oleoduto; no verán o campamento albergaba a milleiros de persoas.

Gran parte do oleoduto fora completado a finais de 2016, polo que o cruzamento do río Missouri fixo medrar a súa controversia. O Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos de América realizou unha revisión limitada da ruta e non atopou ningún impacto a ter en conta. En marzo e abril de 2016, a Axencia de Protección Ambiental, o Departmento do Interior e o Consello Asesor na Preservación Histórica pediron ó Corpo de Enxeñeiros que levasen a cabo unha avaliación de impacto ambiental e emitisen unha Declaración de Impacto Ambiental. A tribo de Standing Rock presentou unha demanda contra o Corpo de Enxeñeiros en xullo, pero a moción foi denegada en setembro de 2016.

As protestas captaron a atención internacional e foron consideradas unha "remodelación das conversas nacionais para calquera proxecto ambiental que cruzase a terra dos nativos americanos",[1] pero a cobertura destes acontecementos nos principais medios de comunicación dos Estados Unidos foi limitada até comezos de setembro. O 3 de setembro, traballadores da construción arrasaron unha sección de terra que a tribo identificou como terreo sagrado, nunha emenda ó mandato federal un día antes. Cando os protestatarios entraron na área, os traballadores de seguridade empregaron cans de ataque, trabando a varios dos protestatarios e un cabalo. O incidente foi gravado e visto por millóns de persoas en YouTube e outras redes sociais. A finais de outubro, soldados armados e policías con equipo antidisturbios e equipo militar despexaron un campamento que estaba directamente no camiño do oleoduto proposto.

A finais de novembro, moitos novos participantes uníronse á protesta; flutuando o número de protestatarios en varios milleiros. O tempo empeorou coa caída das neves e as temperaturas baixo cero. A policía empregou canóns de auga contra eles, acaparando a atención dos medios. O 4 de decembro, baixo a administración do Presidente Barack Obama, o Corpo de Enxeñeiros rexeitou a construción do oleoduto por debaixo do río Missouri. Unha avaliación de impacto ambiental tamén será levada a cabo polo Corpo do Exército. Moitos protestatarios continúan acampados no lugar, xa que consideran que a disputa aínda non está pechada.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liu, Louise (13 de setembro de 2016). Business Insider, ed. "Thousands of protesters are gathering in North Dakota — and it could lead to 'nationwide reform'". Consultado o 20 de setembro de 2016. 
  2. "Rolling Stone". Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  3. "Standing Rock Sioux Tribe’s Statement on U.S. Army Corps of Engineers Decision to Not Grant Easement". Stand With Standing Rock (en inglés). 4 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2016. 
  4. "Dakota Access Pipeline to be rerouted". CNN (en inglés). 4 de decembro de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]