República de Lakota
Lema | «Mitaku Oyasin» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Porcupine | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 100.000 (0,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 200.000 km² | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Matriarcado Confederación | ||||
Páxina web | republicoflakotah.com |
Republic of Lakotah ou Lakotah é un estado autoproclamado dentro das fronteiras dos Estados Unidos que reclama parte dos estados de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Wyoming e Montana como o fogar do pobo lakota. Ten unha poboación estimada en 2005 de 100.000 persoas[1] (incluída só a xente de orixe lakota).
As fronteiras propostas son as establecidas no Tratado de Fort Laramie (1851) entre o goberno dos Estados Unidos e os lakota.
Historia
[editar | editar a fonte]Un grupo de amerindios norteamericanos, denominados Delegación de Liberdade Lakota, argumenta que a afirmación recente de independencia non é unha secesión dos Estados Unidos, senón unha reiteración de soberanía.
Ata data actual, o país non é recoñecido e certos membros dos lakota argumentan que non foron representados nas decisións. O verdadeiro grado de apoio á Delegación de Liberdade Lakota ou para a renuncia lakota dos Estados Unidos é descoñecido.
A Delegación de Liberdade Lakota non recoñece nin a ós presidentes nin ós gobernos tribais recoñecidos pola Oficina de Asuntos Indíxenas estadounidense, acusándoos de «colaboracionistas».
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lakota Nation Arquivado 17 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. from UNPO