A organización formouse para abordar diversas cuestións relativas ós nativos das comunidades urbanas en Minneapolis, como a pobreza, a vivenda, asuntos de tratados, e o acoso policial.[3] Dende as súas orixes en Minnesota, AIM pronto reuniu a membros a través dos Estados Unidos (e o Canadá). Participou na Rainbow Coalition, organizada polo activista dos dereitos civís Fred Hampton.
En outubro de 1972 reuníronse os membros da AIM de todo o país para marchar a Washington, D.C. no que chamaron o "Trail of Broken Treaties" (Camiño dos Tratados Rotos). AIM gañou a atención da prensa internacional cando incautou o Bureau of Indian Affairs na súa sede nacional e presentou unha lista de vinte puntos coas súas demandas ó goberno federal. En 1973 encabezou un enfrontamento armado de 71 días coas forzas federais, no lugar onde se produciu en 1890 a coñecida como Masacre de Wounded Knee, que tivo lugar na Reserva india de Pine Ridge en Dacota do Sur.
Nas décadas seguintes dende a fundación da AIM, o grupo levou a protestas defendendo os intereses dos pobos indíxenas, a renovación cultural, e supervisa as actividades da policía e dos programas coordinados de emprego nas cidades e nas comunidades rurais. Tamén ten apoiado os intereses indíxenas fóra dos Estados Unidos.
↑Dennis Banks, Richard Erdoes. Ojibwa Warrior: Dennis Banks and the Rise of the American Indian Movement (Norman, OK: University of Oklahoma Press, 2004), pp. 62, 64. ISBN 978-0-8061-3580-9