Russell Means
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1939 Reserva india de Pine Ridge, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de outubro de 2012 (72 anos) Porcupine, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro do esófago |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | San Leandro High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actor, Activismo, política, Actuación, música e literatura |
Ocupación | actor , actor de dobraxe , actor de televisión , activista pola paz , activista político , político , autobiógrafo , actor de cinema , músico , escritor |
Período de actividade | 1968 - |
Partido político | Partido Libertário (pt) |
Membro de | American Indian Movement (1968–) |
Lingua | Lingua inglesa e Lingua lakota |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Tatanka Means |
Irmáns | Lorelei DeCora Means (en) |
Páxina web | russellmeans.com |
|
Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 na Reserva india de Pine Ridge e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político síux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Russell Means nado en Wanblee, Dacota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Reserva india de Pine Ridge, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que na lakota quere dicir "traballa para a xente". Os seus pais eran os dous síux Oglala.
En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en O derradeiro dos mohicanos, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Asasinos natos, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a prestou para o videoxogo Under A Killing Moon.
Retratos de Warhol
[editar | editar a fonte]Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de Indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Russell Means |