Galicia (Centro Gallego de Caracas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia

Galicia foi unha revista editada en Caracas polo Centro Gallego de Caracas entre 1952 e 1954.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista del Centro Gallego, apareceu o 25 de xullo de 1952. O seu director era Antonio Somoza Outeiral, aínda que a partir do número 3 aparece como tal Eduardo Blanco Amor, e o administrador José María Mosqueira Manso. Como redactores figuran Silvio Santiago e Carlos Herrero Alonso. Entre os colaboradores están Francisco Fernández del Riego, Saturio C. Caramés, Manuel Daniel Varela Buxán, Alberto Vilanova, Ricardo Carballo Calero, Ángel Romero Cerdeiriña, Enrique Iglesias Vilouta, Ramón Otero Pedrayo, Vázquez da Xesta. O último número coñecido é o 9, correspondente a xaneiro-febreiro de 1954.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]